Vídeo realmente gráfico que explica como o chamado voto útil pode chegar a beneficiar á dereita representada polo PP, en troques de reforzar á esquerda, a quen acaba perxudicando restando deputados a IU.
Amosando publicacións coa etiqueta Eleccións Xerais 2008 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Eleccións Xerais 2008 b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 6 de marzo de 2008
mércores, 5 de marzo de 2008
10 razóns para votar IU
Para os que non viñéchedes ao mitin que celebramos o domingo no cine, ou simplemente para os que non tedes claro o voso voto, ou non coñecedes as propostas programáticas de IU e o seu papel durante a última lexislatura, lede as 10 razóns para votar IU segundo Carlos Jiménez Villarejo, ex-fiscal anticorrupción cesado forzosamente do seu posto polo PP.
luns, 3 de marzo de 2008
Esquerda Unida pide o “verdadeiro voto útil” no mitin celebrado no Grove
Prensa:
Redacción Todogrove.com
No mitin celebrado esta mañá no cine O Marino e ante 70 persoas, interviñeron Juan José Guirado, cabeza de lista por Pontevedra ao Parlamento, Patricia Rey, número dous, e os concelleiros de EU en Vilagarcía e O Grove, Juan Fajardo e Xan Lamelas.
sábado, 1 de marzo de 2008
Mitin de campaña no Cine O Marino
Este domingo día 2 de marzo, Esquerda Unida realizará o seu mitin de campaña en O Grove no Cine O Marino ás 12 horas. Neste acto intervirán os cabezas de lista de EU pola provincia de Pontevedra, Juan José Guirado e Patricia Rey, ademais dos concelleiros de EU en O Grove e Vilagarcía Xan Lamelas e Juan Fajardo.
mércores, 27 de febreiro de 2008
domingo, 24 de febreiro de 2008
Do voto útil ao voto inútil
Que non te enganen. Esta presentación explica polo miúdo como o chamamento ao vóto útil perxudica á esquerda.
venres, 22 de febreiro de 2008
O 9-M vota Esquerda Unida
O vindeiro 9 de marzo, os cidadáns do Estado Español estamos chamados a votar para elexir aos membros do Congreso e do Senado. Esquerda Unida preséntase a estas eleccións cun programa auténtico de esquerdas, no que se priman os intereses dos traballadores, os dereitos sociais, os servizos públicos e unha política fiscal progresiva que beneficie aos que menos teñen.
domingo, 17 de febreiro de 2008
domingo, 3 de febreiro de 2008
Esquerda Unida elixe aos candidatos e candidatas para o Congreso e o Senado
O sábado 26 de xaneiro de 2008, o Consello Político Nacional ratificou as candidaturas para as eleccións a Cortes Xerais para o Congreso dos Deputados e para o Senado. As candidaturas foron ratificadas por unanimidade e están encabezadas por Manuel Peña-Rey (Ourense), Juan José Guirado (Pontevedra), Isabel Sánchez (Lugo) e Xabier Ron (A Coruña).Trátase de listas que procuran conxugar novos rostros con caras xa coñecidas da vida política galega. Procurouse, asi mesmo, manter un criterio de proporcionalidade e territorialidade xeográfica. As persoas que integran o grosso das candidaturas para o Congreso dos Deputados e para o Senado daranse a coñecer aos medios e á cidadanía nun acto público que terá lugar o venres 8 de febreiro nun hotel de Compostela ás 12h.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)