Usuarios do parque de Confín alertaron hai un mes do perigo que supón un ferro sobresaínte do chan ao carón da zona de xogo e preto da pista da chave, onde moitas nenas e nenos xogan libremente.
Queremos pensar que a solución que se lle dou foi adoptada por algún usuario canso de ver o risco que corrían os cativos, porque se é a que tomou o concello....
Agardamos que, o máis axiña posible, se lle dea unha solución máis axeitada, e sobre todo máis segura.
No pasado pleno volvemos alertar da inseguridade que existe nun dos tramos do “Camiño Escolar Seguro” ao CEIP Rosalía de Castro e pedimos ao concello que actúe con celeridade.
Son moitas as familias, que cada día pasan por esta rúa camiño da escola, as que denuncian o risco que supón para os peóns o estado desta obra. Reclaman que o Camiño Escolar Seguro debe ser iso; seguro.
Dende Esquerda Unida facémonos eco da problemática e solicitamos ao concello que procure unha solución antes de que se produzan danos persoais que poidamos lamentar.