Amosando publicacións coa etiqueta Cineforum. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cineforum. Amosar todas as publicacións

luns, 18 de abril de 2016

VIDEOFORUM ABERTO: CRISE HUMANITARIA ÁS PORTAS DE EUROPA

videoforum aberto o grove.jpg

EU realizará mañá un cineforum aberto na Sala das Cunchas do Concello.

O acto versará sobre as migracións e a crise humanitaria as portas de Europa, facendo fincapé na solidariedade coas persoas refuxiadas. O Deputado de AGE Xabier Ron e a responsable de políticas sociais de EU Sofía Díaz intervirán no evento.


O Grove, 18 de abril de 2016.- A Agrupación Local de Esquerda Unida no Grove continúa coa programación de cineforuns que iniciaron hai ano e medio coa proxección do documental “Comprar, tirar, comprar”. Nesta nova cita de proxección e debate, trataráse o tema das migracións e a crise humanitaria que as persoas refuxiadas están a vivir ás portas de Europa. O acto, organizado por Esquerda Unida en colaboración co Foro de Inmigración, contará coas intervencións de Xabier Ron, deputado de AGE no Parlamento Galego, e Sofía Díaz, responsable de políticas sociais de EU, e a proxección do documental “Las muertes de Ceuta”.



Esta xornada de debate sobre unha problemática tan actual como é esta, celebraráse mañá martes 19 de abril na Sala das Cunchas do Concello do Grove a partires das 20:30h.

martes, 27 de xaneiro de 2015

Esquerda Unida O Grove proxectará "Numax Presenta..." dentro do ciclo Cineforum

O vindeiro venres 30 de xaneiro ás 20.30 horas, Esquerda Unida O Grove proxectará, na Sala das Cunchas da Casa do Concello, o documental "Númax Presenta..." dentro do ciclo de Cineforum que a agrupación local está levando a cabo. Trala proxección abrirase un pequeno debate entre os asistentes


Numax Presenta é un documental de Joaquín Jordá, filmado en 1979, que nos mostra a experiencia de autoxestión levada a cabo polos traballadores dunha empresa de electrodomésticos de Barcelona ante o intento de peche irregular por parte dos propietarios. A Asemblea dos Traballadores inviste as últimas 600.000 pesetas da caixa de resistencia neste filme que reflexa a experiencia que entre todos trataron de sacar adiante, nun momento histórico, de enorme crise e desconfianza, entre a transición e a democracia parlamentaria. Múltiples son as conclusións que podemos sacar desta experiencia fallada, pero que ante todo pon de manifesto a unión das distintas sensibilidades por un futuro de cambio.

mércores, 27 de agosto de 2014

A obsolescencia programada foi debatida na primeira sesión do CINEFORUM

Dentro do primeiro acto do ciclo de CINEFORUM NA RÚA, organizado por Esquerda Unida O Grove, este martes proxectouse o documental "COMPRAR TIRAR COMPRAR. A Historia secreta da obsolescencia programada", no que se analizaba como as empresas reduccen deliberadamente a vida dos produtos para incrementar o seu consumo e a mostra das desastrosas consecuencias medioambientais nas que deriva esta práctica. 

Trala emisión do documental, que finalmente se tivo que realizar na Sala das Cunchas da Casa do Concello debido as condicións metereolóxicas, tivemos un pequeno coloquio no que os asistentes expuxeron as súas opinións e inquedanzas respecto a obsolescencia programada.

Dende Esquerda Unida, agradecer aos asistentes a súa participación, tanto no visionado do documental como no posterior debate. Emprazamos a toda a veciñanza a participar nas vindeiras sesións do CINEFORUM NA RÚA nas que continuaremos abordando temas de actualidade.

sábado, 23 de agosto de 2014

Cineforum na rúa. Proxección do documental "Comprar Tirar Comprar"

Dende Esquerda Unida o Grove queremos convidar a toda a veciñanza a participar no ciclo de Cineforum na rúa que a nosa agrupación organizará. A primeira proxección terá lugar o vindeiro martes 26 de agosto ás 22 horas na rúa Hospital (En caso de mal tempo trasladarémonos á Sala das Cunchas da Casa do Concello).

Para a primeira proxección, decidimos emitir o documental de Televisión Española "Comprar Tirar Comprar. A historia secreta da obsolescencia programada", no que se analiza a práctica empresarial que consiste na reducción deliberada da vida dos produtos para incrementar o seu consumo e a mostra das desastrosas consecuencias medioambientais nas que deriva. Os asistentes terán a oportunidade de participar nun pequeno coloquio ao finalizar o documental.