Amosando publicacións coa etiqueta ANPA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ANPA. Amosar todas as publicacións

06 marzo 2021

EU pregunta polas máscaras doadas ao concello que ían ser repartidas aos colexios

 


Foron doadas pola empresa Myagal, o pasado setembro, para repartir entre a rapazada grovense.

O concello anunciou que farían o reparto a través das ANPAs, pero a día de hoxe non se realizou esa entrega.

O Grove, 4 de marzo de 2021.- O dezaseis de setembro do pasado ano, o Concello do Grove anunciou que recibira, da empresa de montaxes e alugamentos profesionais “Myagal” asentada en Sanxenxo”, a doazón de 1.000 máscaras de protección infantís que ían ser distribuídas ás cativas e cativos dos colexios grovenses a través das súas respectivas ANPAs.

A día de hoxe, case seis meses despois do anuncio do Concello (web e redes sociais), as ANPAs non recibiron nada e as nenas e nenos dos colexios do Grove seguen sen contar con ese elemento de protección que a empresa Myagal decidiu doar.

Por este motivo, o Grupo Municipal de Esquerda Unida rexistrou este xoves unha pregunta a través da sede electrónica co propósito coñecer o paradoiro destas máscaras e, no suposto de que sigan nas dependencias municipais, esixir que se realice o reparto entre as ANPAs para que procedan a distribución entre a rapazada grovense, tal e como anunciaron.

NOTICIA CONCELLO WEB MUNICIPAL:

https://concellodogrove.es/index.php?lng=ga&cont=18&id=2516

NOTICIA CONCELLO FACEBOOK

https://www.facebook.com/permalink.php?story_fbid=3602773909741327&id=192621247423294

Gabinete de Prensa

Esquerda Unida O Grove