Amosando publicacións coa etiqueta Asemblea. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Asemblea. Amosar todas as publicacións

luns, 6 de novembro de 2017

Esquerda Unida nomea a José Antonio Otero novo coordinador local no Grove

Na asemblea celebrada o sábado no Grove, a agrupación esquerdista renovou os seus órganos de dirección local. José A. Otero, que releva a Juan Lamelas como coordinador, asegurou que asume o cargo “con gran ilusión e ganas de poñerse a traballar”.
O Grove, 6 de novembro de 2017.- Dando cumprimento aos estatutos emanados da XII Asemblea Nacional de Esquerda Unida, celebrada no mes de xuño, a agrupación local do Grove celebrou o pasado sábado a súa asemblea na que se renovaron os seus órganos de dirección internos e se elixiu o novo coordinador local.
A asemblea contou coa participación dun 70% da militancia, que tras un rico debate aprobou por unanimidade o informe de xestión presentado por Juan Lamelas, coordinador saínte e voceiro do grupo municipal. Por unanimidade foi tamén elixida a nova coordinadora local –máximo órgano de dirección– que decidiu nomear a José Antonio Otero, actual concelleiro da corporación municipal xunto a Lamelas, como novo coordinador da agrupación esquerdista do Grove.
Arroupado pola militancia, Otero asegurou que asume o cargo “con gran ilusión e ganas de poñerse a traballar”. Na nova coordinadora local continuarán tanto Lamelas como outros militantes que xa viñan formando parte da dirección e “incorpóranse novos compañeiros e compañeiras que veñen a enriquecer o traballo que levará adiante a agrupación”.
O desenvolvemento da asemblea e a aprobación por unanimidade dos documentos e propostas presentadas vén a sinalar a gran cohesión interna existente na formación grovense e a confianza da militancia na liña de traballo que vén desenvolvendo tanto a agrupación como o seu grupo municipal.
Tras as votación e a intervención de José Antonio Otero como novo coordinador local, a mesa presidencial abriu quenda de intervencións onde os asistentes puxeron xa tarefas á nova dirección, sobre todo no referente á mellora da comunicación e a ampliar o coñecemento de veciñas e veciños do Grove das propostas e posturas de Esquerda Unida nos distintos asuntos da vida municipal.
Membros da nova coordinadora:
1.   José Antonio Otero González
2.   Juan Lamelas Alfonso
3.   José Antonio Gondar Triñanes
4.   Ana Viso Vázquez
5.   José Antonio Taboada Magdalena
6.   Ana Cristina Domínguez Domínguez
7.   David Gondar Prieto
8.   Sonia Gondar Gondar




Coordinadora local de Esquerda Unida

O Grove

xoves, 4 de maio de 2017

Esquerda Unida presenta ao goberno un plan de actuacións prioritarias para o concello

O Grove, 3 de maio de 2017.- A agrupación local de Esquerda Unida decidiu presentar ao Alcalde, e ao seu equipo de goberno, un plan de actuacións a realizar no tempo que resta de mandato. Unhas actuacións que os esquerdistas consideran precisas e prioritarias para os veciños do Grove.

Esquerda Unida decidiu dar este paso ante a situación actual do goberno municipal do cal consideran que está a deriva, máxime tras ver como realiza propostas de inversións inconexas e sen planificación de ningún tipo. Os esquerdistas poñen como exemplo a proposta de Auditorio que, segundo indican, se irá aos 5 millóns de euros de inversión municipal, ou a peonalización de rúas do casco urbanos sen plans de tráfico e alternativas de estacionamento. Todo isto namentres traballan con un orzamento prorrogado cando xa van alá cinco meses, conclúen.

Segundo a agrupación de esquerdas, o goberno municipal móstrase absorbido polo día a día, e a impresión que transmite é que gobernan a salto de mata.

Por ese motivo, desde Esquerda Unida, e logo de reunir á súa asemblea, propoñen un plan de actuacións no que se inclúen demandas históricas da veciñanza así como medidas que consideran necesarias para o bo funcionamento municipal e a mellora dos servizos públicos que se ofrecen aos veciños.


Executiva Local de Esquerda Unida
O Grove

martes, 31 de xaneiro de 2017

Esquerda Unida nin privatiza nin forma parte do goberno, defende o seu programa electoral

O Grove, 22 de xaneiro de 2016.- A agrupación local de Esquerda Unida sae ao paso das declaracións do concelleiro do PGD, Alfredo Bea, nas que acusaba ao grupo municipal esquerdista de participar xunto co goberno municipal na privatización de servizos públicos no Concello do Grove, chegando incluso a afirmar que os edís de Esquerda Unida forman parte do goberno como socios.
 
Estas afirmacións non sentaron nada ben nas filas de esquerdistas que, tras reunir á súa militancia, decidiron saír ao palestra para dar resposta a esta estas acusacións. A Asemblea Local da agrupación de EU diríxese ao concelleiro galeguista para indicarlle que estea tranquilo señor Bea, pois en Esquerda Unida seguimos manténdonos firmes na defensa dos servizos públicos e na necesidade da prestación dos mesmos de xeito directo”.

En canto ás acusacións de ser socios de goberno do PSOE, dende a propia asemblea móstranse sorprendidos de que se nos acuse de formar parte do goberno en calidade de socios” e afirman que seguramente é polo feito de que estamos facendo o noso traballo no Concello e acadamos que algunhas proposta do noso programa electoral foran aprobadas e asumidas polo goberno”. Así mesmo indican que outros parecen non ter propostas e por iso recorren a atacar e difamar de quen si ás ten”.

Esquerda Unida sinala que dentro do paquete de propostas que os edís do Grupo Municipal trasladaron ao goberno municipal estaba a recuperación para a súa xestión directa de varios servizos municipais, cuestión que non foi aceptada polo goberno socialista, polo que consideran incomprensible e inaceptable que se lles acuse de privatizar servizos cando, segundo indican, fomos o único grupo que solicitou e seguirá solicitando a recuperación dos servizos privatizados”.

Os esquerdistas séntense “gabados polo papel que o señor Bea nos quere conceder de grandes axitadores sociais” –en referencia ao suposto silencio da agrupación nas redes sociais que antes non se producía– “pero cremos que se nos está sobrevalorando nesta faceta” sinalan con sorna dende EU.

Finalmente, os esquerdistas rematan cun convite ao concelleiro galeguista e ao seu partido, estaremos encantados de que o Señor Bea e os membros do seu partido se reúnan con nos e lles exporemos con agrado o noso programa electoral e as nosas propostas e o traballo realizado en defensa dos servizos públicos”. Un traballo que, segundo a agrupación local, están realizando de forma correcta os seus dous edís pois, ademais de solicitar por activa e por pasiva a recuperación dos servizos externalizados fomos quen de arrincar no seu momento un compromiso do goberno municipal para non privatizar os que actualmente son públicos”. “Agora é o Alcalde o que terá que explicar por que incumpre os compromisos acadados coa nosa agrupación”, sentencian dende Esquerda Unida.


Asemblea Local de Esquerda Unida


prensa:
Esquerda Unida niega su interés por privatizar servicios públicos y dice reafirmarse en su programa [ver noticia web]

sábado, 10 de xaneiro de 2015

Esquerda Unida celebra a súa segunda Asemblea Aberta para elaborar o programa electoral

O vindeiro luns 12 ás 20.00 horas, na Sala das Cunchas da Casa do Concello, celebraremos a II Asemblea Aberta na que se asentarán as bases para a realización do programa electoral que a nosa agrupación levará ás vindeiras Eleccións Municipais, co propósito de aplicar no futuro goberno local.

Creemos que non só as organizacións políticas senón a cidadanía é a que debe elaborar un programa que satisfaga as súas demandas e que contribúa ó progreso do Grove. Este programa debe elaborarse a través dos seguintes parámetros; transparencia, democracia e participación.

Por iso facemos un chamamento á cidadanía, pero tamén a outras organizacións políticas que se queiran sumar para construír unha fronte de esquerdas e así rematar coas políticas demagóxicas tanto do PP como do PSOE na nosa vila e articular unha alternativa netamente de esquerdas.

A túa palabra conta, participa.
#EUqueroqueOGROVE

venres, 29 de agosto de 2014

Esquerda Unida O Grove fai un chamamento a participar na Asemblea Aberta


Ante a situación de crise económica, política, social, ambiental, etc. chegou o momento de que as forzas políticas de esquerdas, os movementos sociais, sindicais e a cidadanía en xeral, tomemos a palabra e nos tornemos en protagonistas do cambio político co que rematar o secuestro da democracia no que nos teñen sumido o PP e o PSOE.

É preciso que a cidadanía decida como quere ser gobernada, e para iso é necesario iniciar un proceso constituínte no que se garanta o dereito a decidir. Temos que recuperar a Democracia.

Necesitamos un espazo de confluencia, no que caibamos todas e todos, arredor dun desexo común: acabar coas políticas ditadas polas elites e o poder económico e rescatar a democracia, secuestrada polo bipartidismo tamén no ámbito municipal.

Por isto, desde Esquerda Unida queremos facer un chamamento á cidadanía indignada a participar na Asemblea Aberta Cidadá que celebraremos o vindeiro día 3 de setembro na Sala das Cunchas do Concello do Grove ás 20:30 horas.

Temos o poder de decidir.
A túa opinión importa. Participa!!

xoves, 7 de novembro de 2013

Participa na Asemblea Comarcal de Esqueda Unida en Arousa

INVITACIÓN

Vilagarcía de Arousa, a 2 de Novembro de 2013

Estimad@ compañeir@ , camarada:
Os ataques contínuos do Pariído Popular, co apoio do Partido Socialista, aos dereitos e liberdades da xente do común xa hai tempo que teñen efectos visibles na nosa comarca. Para loitar contra eses ataques necesitaremos articular un equipo de xente comprometida para loitar contra o paro, a reforma laboral, a reforma das pensións, carestía da vida (subidas nos prezos da luz, da auga, da gasolina...), contra a privatización da sanidade e do ensino público, rescate da banca e liquidación das caixas de aforro, subidas de impostos...
Como coordinador comarcal de Esquerda Unida na Arousa teño o pracer de convidarte a participar na nosa Asemblea Comarcal, o vindeiro 9 de Novembro de 2013 ás 10 da mañá, na Sala de Conderencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa. Asemblea na que procederemos á renovación do noso Consello Político Comarcal, seguindo a seguinte orde do día:
1.            Intervención de representantes dos colectivos políticos, sindicais e sociais.
2.            Turno aberto de palabra para os asistentes. Proposta para á alternativa.
3.            Informe de xestión e balance.
4.            Elección do Consello Político Comarcal.

Contamos coa túa participación. 

Ramón Bueno
Coordinador Comarcal de Esquerda Unida en Arousa

martes, 6 de novembro de 2012

José Antonio Taboada "Neno" renuncia á acta de concelleiro

José Antonio Taboada "Neno", o único concelleiro desta agrupación na corporación grovense, ven de anunciar a renuncia a súa acta por motivo persoais. O posto deixado por Taboada será suplido polo número 2 da candidatura e ex concelleiro na lexislatura 2007-2011, Xam Lamelas Alfonso. A decisión foi respaldada pola Asemblea e a candidatura na xuntanza do luns.

xoves, 16 de xuño de 2011

Esquerda Unida informou a militantes e simpatizantes sobre o proceso das negociacións con PSOE e AMeca

A comisión encargada das negociacións para a conformación do frustrado cuadripartito, reuniuse onte cos militantes e simpatizantes de Esquerda Unida nunha asemblea aberta, que tivo lugar no local de CCOO, para informar do proceso de negociacións co PSOE e AMeca.

O que se trasmitiu á asemblea foi o seguinte:

martes, 14 de xuño de 2011

Asemblea aberta á militancia e simpatizantes

Este vindeiro mércores 14 de xuño, ás 21.00 horas no local de CCOO (Rúa Luís Casais, 1. 2º Esquerda),  Esquerda Unida convoca unha Asemblea aberta a tod@s os militantes e simpatizantes. 

Nesta asemblea abordaremos o proceso negociador de cara a embestir Alcalde, que a nosa formación realizou durante ás últimas semanas. Esquerda Unida quere explicarlle a tod@s @s asistentes cales foron os motivos e os acordos programáticos alcalzados co PSOE que nos levou a postular o noso voto a favor de Cacabelos no pleno de investidura. Un apoio que finalmente non tivo consecuencias logo que de Alternativa Meca se pronunciase a favor dun goberno conxunto co PP e o PGD.

Creemos convinte facer chegar a toda a militancia e simpatizantes o desenvolvemento das conversas e negociacións mantidas tanto co PSOE como con Alternativa Meca nestas tres últimas semanas, polo que agardamos a vosa presencia.

mércores, 1 de xuño de 2011

Sobre a situación das negociacións para elexir Alcalde

A día de hoxe, transcorridos nove días desde as eleccións municipais, nas cales obtivemos un representante na cámara municipal, e de cuxos resultados desprendemos que hai dous partidos lexitimados por número de concelleiros a reclamar a alcaldía e formar goberno, desde a Asemblea Local de EU do Grove queremos informar a todos os veciños e veciñas dos feitos acontecidos.

luns, 29 de marzo de 2010

EU-IU rompe con el cuatripartito meco y Lamelas pasa a la oposición por un año

Prensa:

EU-IU rompe con el cuatripartito meco y Lamelas pasa a la oposición por un año

La asamblea celebrada a mediodía sirvió para abrir el debate sobre quién será el candidato en las elecciones de mayo

Faro de Vigo. REDACCIÓN - O GROVE La asamblea local de Esquerda Unida–Izquierda Unida decidió ayer que renuncia a formar parte del Gobierno cuatripartito de O Grove por lo que su único concejal, Xan Lamelas se pasará a las filas de la oposición, previsiblemente en el grupo de no adscritos, al que también pertenece Ayda Filgueira.

venres, 3 de abril de 2009

Resposta de Lamelas ás declaracións do alcalde

Ante as declaracións do alcalde do Grove e compañeiro de goberno, José A. Cacabelos, en resposta ao comunicado que a miña organización política, Esquerda Unida, a quen represento na corporación municipal, gustaríame facer público o meu parecer.

xoves, 2 de abril de 2009

Esquerda Unida convoca aos seus socios de goberno a unha xuntanza para revisar o pacto

Desde Esquerda Unida, convocaremos a unha xuntanza ao resto de compoñentes do chamado cuatripartito para realizar unha revisión dos acordos do pacto de goberno, do seu grao de cumprimento así como unha lectura dos resultados das últimas eleccións autonómicas tras as que haberá un cambio na dirección política do país, modificando substancialmente o panorama autonómico que facilitou a sinatura do pacto de goberno.

domingo, 21 de decembro de 2008

Fondo Estatal de Investimento Local

No día de onte, reuniuse a asemblea local de Esquerda Unida do Grove coa finalidade de tratar diversos asuntos, entre os que destacou o debate sobre a proposta que trasladará Xan Lamelas ao grupo de goberno sobre o Fondo Estatal de Inversión local, que destinará a O Grove perto de 2 millóns de euros.

domingo, 29 de xuño de 2008

A Asemblea local ratifica a negocicación mantida para saír da crise de goberno

Na tarde-noite do día 28, tivo lugar unha asemblea informativa para militantes e simpatizantes de Esquerda Unida – Esquerda do Grove. Na mesma déronse contas da reunión mantida o martes 17 entre os catro grupos de Goberno, PSOE, BNG, PG e EU-EG. Os compañeiros Xan Lamelas e Xan Caneda, representantes de EU-EG nesta xunanza, fixeron saber aos asistentes á asemblea do acordos alí tomados para superar á crise aberta no seo do Goberno Municipal. A asemblea durou máis de tres horas, nas cales interviñeron a maior parte dos presentes para mostrar o seu apoio ao concelleiro Xan Lamelas e ao outro representante na xuntanza, Xan Caneda.
A asemblea dou por boa a negociación do pasado martes xa que foi aceptada a única proposta sobre a mesa, a do noso grupo, a cal xa foi publicada nos medios de comunicación nos pasados días.

sábado, 21 de xuño de 2008

Resolución da asemblea da agrupación local

A asemblea de EU-EdG de O Grove reunida no día de onte, 20 de xuño, acorodou ratificarse no espírito e na filosofía do Pacto de Goberno asinado hai agora un ano, así como no contido do mesmo e nos seus obxectivos. Ante a grave crise aberta polo Alcalde, o cal, no día de onte (venres), non foi confirmado nen desmentido o cesamento do Concelleiro de Persoal Xan Lamelas publicado nos medios de comunicación, e pola gravidade da situación, pedímoslle aos nosos socios de goberno, co Alcalde á cabeza, ou ben unha ratificación do publicado, por escrito e mediante decreto da alcaldía, o que interpretaríamos como unha expulsión do goberno por incumprimento reiterado do Pacto, ou ben unha rectificación. Neste caso, esiximos que se convoque con carácter urxente unha reunión das catro forzas políticas que formamos goberno coa finalidade de retomar a filosofía e obxectivos do Pacto como solución a esta crise. En caso de non ser así consideramos a nosa non continuidade no goberno municipal.