Amosando publicacións coa etiqueta Espazos Públicos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Espazos Públicos. Amosar todas as publicacións

mércores, 26 de xuño de 2024

EU impulsa a creación de espazos de sombra e hidratación nos parques infantís e prazas públicas do Grove

Presentarán unha moción no pleno do vindeiro luns, co obxectivo de garantir a seguridade e o benestar da cidadanía, especialmente durante os meses de verán, cando as temperaturas son máis elevadas.

A proposta inclúe a instalación de toldos, pérgolas, enredadeiras ou árbores, así como dotar de fontes de auga potable os espazos que carezan das mesmas.

O Grove, 26 de xuño de 2024.- O grupo municipal de Esquerda Unida presentará no pleno do vindeiro luns unha moción que busca a creación de zonas de sombra e puntos de hidratación nos parques infantís e prazas públicas do concello de O Grove. A iniciativa ten como obxectivo principal garantir a seguridade e o benestar da cidadanía durante os meses de verán, cando as temperaturas se incrementan significativamente.

Coa chegada do verán e o aumento das temperaturas, a seguridade nos espazos públicos vólvese unha prioridade. A exposición prolongada ao sol pode causar queimaduras, insolacións e outras enfermidades relacionadas coa calor. Este problema afecta especialmente aos nenos e nenas, así como ás persoas maiores e aquelas con problemas de saúde.

Na actualidade, a maioría dos parques infantís de O Grove carecen de suficientes zonas de sombra, o que dificulta o seu uso durante as horas de maior intensidade solar. Entre os parques máis afectados atópanse o de Terra de Porto, O Corgo, Confín e o da Casa da Cultura de San Vicente. Ademais, a falta de fontes de auga en moitos espazos impide que a veciñanza poida manter unha adecuada hidratación, especialmente nos días máis calorosos.

Esquerda Unida propón realizar un estudo para identificar os parques infantís e prazas públicas que necesitan intervencións urxentes. Con base neste estudo, instan ao concello a proceder á instalación de estruturas de sombra, como toldos, pérgolas, enredadeiras ou árbores, así como a implementación de fontes de auga potable nos espazos máis frecuentados.

A moción tamén suxire buscar financiamento a través de subvencións doutros organismos públicos ou privados para levar a cabo este proxecto, e realizar unha campaña informativa para concienciar á cidadanía sobre a importancia de protexerse do sol e manter unha boa hidratación.

Esquerda Unida destaca que a creación de zonas de sombra e puntos de hidratación nos espazos públicos é unha medida esencial para garantir o benestar e a saúde da cidadanía. Estas accións non só mellorarán a calidade de vida dos veciños e veciñas, senón que tamén promoverán o uso seguro e confortable dos parques infantís e prazas públicas durante todo o ano.

[Ver/descargar moción

domingo, 11 de agosto de 2019

Foto denuncia EU - Retirada dos bancos da explanada do Corgo


💁‍♀️💁‍♂️A veciñanza pregúntase que pasou cos bancos da explanada do Corgo Por que ninguén os devolve ao seu lugar

😳Os unicos 3 bancos que quedaban nesa explanada foron desprazados a outra zona próxima deixando aos habituais usuarios sen o seu asento. 

📍A colocación de bancos nesta zona é unha solicitude que Esquerda Unida fixo en repetidas ocasións nos últimos anos. Agora xa non é quen non se poñan máis bancos, senón que se permite quitar os poucos que quedaban.

xoves, 8 de agosto de 2019

Foto denuncia EU - Elementos de xogo do parque infantil do Corgo rotos (solucionado)


 #fotodenuncia do 5 de xullo SOLUCIONADA‼️

🙌Nada nos alegra máis que ver aos usuarios do parque da Praza do Corgo xogar seguros despois dun mes de espera☺️.

venres, 5 de xullo de 2019

Foto denuncia EU - Elementos de xogo do parque infantil do Corgo rotos


📷 Unha usuaria do parque infantil do Corgo achéganos estas imaxes onde se pode ollar que un dos seus elementos de xogo está roto. Entre unha imaxe e outra hai 15 días de diferenza, o que demostra que dende o concello non están a solucionar o problema, nin se toman as precaucións precisas para evitar incidentes.

👨‍🔧 Dende Esquerda Unida temos insistido na necesidade dun plan de mantemento continuo nos parques infantís, que procuren repoñer e/ou arranxar os elementos de xogo que se atopen deteriorados ou rotos. Por ese motivo, instamos á concellería delegada para que solucione o problema do parque Infantil do Corgo e, ante o aumento do uso dos parques nestas épocas, se faga unha revisión continua de todos os do Concello.