ROGOS E PREGUNTAS
📅
27 de abril de 2026
▶
Intervención: minuto 15:44
Preguntas realizadas
🔻 Mantemento
dos parques municipais
Preguntamos se o Concello contaba cunha empresa encargada do mantemento dos
parques, logo do falecemento a finais do ano anterior do responsable da empresa
que viña prestando este servizo.
🔻 Marquesiña
de Árdia
Preguntamos novamente polo motivo polo que continuaba sen instalarse a marquesiña,
malia as reiteradas respostas do goberno anunciando a súa próxima colocación.
🔻 Fonte
da rúa Concepción Arenal
Preguntamos novamente pola reinstalación desta fonte pública, que
continuaba sen executarse a pesar das reiteradas solicitudes formuladas polo
noso grupo municipal.
🔻 Praza
do Corgo – Refuxio Climático
Preguntamos por diferentes aspectos relacionados coa obra do Corgo,
catalogada como Refuxio Climático. Cuestionamos o investimento de preto de
700.000 euros nun espazo de titularidade de Portos de Galicia, cando
anteriormente se argumentaba que non era posible investir fondos municipais por
non ser de titularidade local. Tamén preguntamos pola compatibilidade da
actuación coa futura construción dun tanque de tormentas para solucionar as
inundacións da zona, polo traslado dunha luminaria instalada apenas un ano
antes cun investimento próximo aos 100.000 euros, pola conservación das árbores
existentes e pola inclusión desta actuación dentro do Plan de Sustentabilidade
Turística en Destino (PSTD).