Amosando publicacións coa etiqueta Outros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Outros. Amosar todas as publicacións

venres, 21 de setembro de 2012

Excluyen a la oposición del proceso de adjudicación de los puestos del Marisco

DIARIO DE AROUSA | 20-09-12
Teresa Miñán -  O Grove

El portavoz de Esquerda Unida, José Antonio Taboada, explicó en la jornada de ayer que no fue convocado a la última mesa de contratación para la adjudicación de los puestos de la Festa do Marisco. En ese encuentro se decidió estimar parcialmente el recurso presentado por una de las personas que optaban a la explotación del puesto del arroz, atendiendo a un informe elaborado por los técnicos de la Diputación. Como consecuencia, el ente local retiró la adjudicación que había concedido a una comunidad de bienes para dársela a la persona que inicialmente había quedado en un segundo lugar.

domingo, 5 de abril de 2009

Trinta anos de inconfundible intensidade na democracia local

Prensa:
Trinta anos de inconfundible intensidade na democracia local
REPORTAXE DE XOSÉ E. VICENTE
Unha exposición lembra desde onte os trinta anos de Concello democrático no Grove, dentro dos actos organizados pola Asociación pola Memoria Histórica, que tamén reuniu aos representantes da primeira corporación nunha mesa redonda.

martes, 31 de marzo de 2009

Sancionado con Mil Euros o Presidente da ANPA dun colexio público de Ponteareas por manifestarse contra o xenocidio de Israel en Gaza

O subdelegado do goberno en Pontevedra decidiu iniciar un procedemento sancionador contra Juan Carlos Carrillo Claro por manifestarse en Ponteareas en solidariedade co pobo de Gaza e contra o xenocidio israelí perpetrado de xeito máis notorio a finais de ano 2008 e principios de 2009.

martes, 24 de marzo de 2009

O Grove 1979-2009. 30 anos de concellos democráticos

Prensa:
O Grove 1979-2009. 30 anos de concellos democráticos
O Grove 1979-2009, 30 anos de Concellos Democráticos, é o epígrafe elixido pola Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica O Grove, para a celebración de diversos actos conmemorativos deste 30 aniversario, que se desenvolverán no Grove entre o 3 e 18 de abril.
Texto: L. Prieto | Fotos: J.L. Oubiña

venres, 16 de xaneiro de 2009

Solidariedade con Palestina

O Colectivo Local da Xuventude Comunista Galega no Grove, xunto con Esquerda Unida e o Partido Comunista, facemos un chamamento a todos os veciños e veciñas do Grove para que acudan á manifestación nacional convocada por diversas organizacións de toda Galiza este domingo 18 en Santiago de Compostela, e que terá asúa saída ás 12 horas desde a Alameda desta cidade.

martes, 13 de xaneiro de 2009

ESQUERDA UNIDA CONDEA AS MATANZAS DE PALESTINOS PERPETRADOS POR ISRAEL COS SEUS ATAQUES Á FRANXA DE GAZA

Esquerda Unida quere denunciar a nova vaga de violencia terrorista de Estado, que o goberno israelí está a desenvolver sobre a poboación palestina na franxa de Gaza. Denuncia que fai extensiva á unha comunidade internacional que permite por activa ou pasiva o exercicio dunha violencia brutal e o mantemento de condicións de vida insoportables nos territorios ocupados, en aberto desafío dunha legalidade internacional violada reiteradamente por Israel coa complicidade dos EE.UU. e a propia Unión Europea.

mércores, 26 de novembro de 2008

O Pleno aproba a “Declaración do Grove”

 pasado luns 24 de novembro, o Concello en Pleno aprobou a chamada “Declaración do Grove”, a través dunha moción achegada pola Asociación da Memoria Histórica O Grove, e que recolle as conclusións das Xornadas “Lei da Memoria Histórica”  celebradas no Grove o pasado 25 de outubro. A moción foi aprobada cos votos a favor de Esquerda Unida, PSOE, BNG, PG e AMeca (10), e co voto en contra do Partido Popular (6).

venres, 14 de novembro de 2008

15-N todos á rúa: a Crise que a paguen os capitalistas

Este sábado celebraránse concentracións contra a reunión do G-20 e a refundación do Capitalismo en todo o mundo e xa están convocadas en decenas de cidades españolas.
Lugar en Vilagarcía: Praza da Ravella
Data: 15 de novembro, sábado.
Hora: 17 Hs
Así mesmo esta convocatoria fai un chamamento a todos os cidadáns e didadás á participación na mesma.

venres, 24 de outubro de 2008

Xornadas Lei da Memoria Histórica

A Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica do Grove infórmanos que por causas alleas á súa vontade, as xornadas de mañán, que se ían realizar no Cine Marino, cambian de ubicación, e pasarán a celebrarse na Casa de Cultura Manuel LueiroManterase o horario previsto así como o programa das mesmas.

domingo, 19 de outubro de 2008

Xornadas de debate sobre a Lei da Memoria Histórica

O vindeiro día 25 de outubro, celebrarase no Grove a Xornada Lei da Memoria Histórica, no Cine O Marino, organizada pola Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica do Grove.

venres, 3 de outubro de 2008

Hipotecas subprime

As hipotecas subprime, parte importante das causas desta nova crise capitalista, explicadas con humor.