ROGOS E PREGUNTAS
📅 28 de setembro de 2023
▶
Intervención: minuto 46:11
🔗 https://www.youtube.com/live/OJFV6xLD81Y?si=5BN2fzEHdl3eTUX_&t=2771
Preguntas realizadas
🔻 Subvencións deportivas
Preguntamos polo retraso na
publicación das bases destas axudas. Unha situación que podería provocar
problemas económicos aos clubs deportivos.
🔻 Terreos de Rons
Preguntamos polos trámites para
desbloquear o expediente de desafectación, paso previo para solicitar á Xunta
de Galicia a ampliación da Escola Infantil.
🔻 Camiño da praia de Con Roibo
Preguntamos pola situación do
camiño de acceso á praia, usurpado por unha empresa privada. Tiñamos
coñecemento dunha resolución da Xunta de Galicia onde a legalización da empresa
quedaba a expensas de demostrar que o camiño non era público.
🔻 Ordenanza de patinetes
Preguntamos polo estado deste
expediente, iniciado no anterior mandato.
🔻 Ordenanza de autocaravanas
Preguntamos polo estado deste
expediente, iniciado ao final do anterior mandato.
Rogos e solicitudes
🔻 Sinalización en Alexandre Bóveda
Solicitamos instalar unha sinal de
prohibido xirar á esquerda na intersección coa rúa Rosalía de Castro.
🔻 Alumeado público
Solicitamos instalar puntos de luz
nas rúas Funil, As Cortiñas e Laxiña.
🔻 Limpeza de fincas
Solicitamos actuar especialmente
no barrio do Sineiro ante a proliferación de ratas e serpes.
🔻 Limpeza de arquetas de pluviais
Solicitamos realizar unha limpeza
xeral antes da chegada das choivas.
🔻 Control de patinetes eléctricos
Solicitamos aplicar as directrices
de tráfico para sancionar as infraccións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario