Amosando publicacións coa etiqueta Mantemento. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mantemento. Amosar todas as publicacións

mércores, 2 de agosto de 2023

EU reúnese co concelleiro de limpeza e mantemento de espazos públicos para coñecer a realidade dos servizos e trasladar as súas propostas

O Grove, 2 de agosto de 2023. O pasado mércores, os concelleiros de Esquerda Unida, José Antonio Otero, Susana Millán e Anxo Meis, reuníronse co concelleiro delegado de Limpeza, Mantemento de Espazos Públicos e Mercado, Juan Ramón Outeda, co propósito de coñecer de primeira man a situación na que se atopan os servizos tanto o de limpeza como o de mantemento dos parques e outros espazos públicos, xa que nos últimos meses están recibindo numerosas críticas veciñais. Así mesmo, os esquerdistas aproveitaron a xuntanza para trasladar unha serie de propostas de actuación nos diferentes ámbitos.

En canto ao servizo de limpeza, dende Esquerda Unida solicitaron o de limpeza que realizan os operarios municipais durante a semana, “para coñecer a cobertura que este servizo está prestando ao municipio, pois son numerosas as queixas veciñais indicando que as súas rúas non están sendo visitadas polos varredores”, indica Otero. Logo de finalizar o proceso de estabilización, no servizo de limpeza incorporáronse 10 operarios pero, tal e como lles confirmou o concelleiro delegado, tan só 6 están destinados á limpeza de rúas, unha cifra que os concelleiros de Esquerda Unida consideran insuficiente, polo que pediron que se procurase o incremento de persoal nesta área.

A falta de recibir e revisar o plan de traballo que están realizando os varredores, dende Esquerda Unida propuxeron que se procurase o desvío puntual de algún dos operarios da zona do casco urbano a outras rúas e barrios máis esquecidos. Ademais, tras confirmar a incorporación de persoal para desbrozar, insistiron na limpeza inmediata dos beirais de diferentes rúas e que se continuase co traballo iniciado nos barrios co propósito de eliminar canto antes a maleza existente. Otero, Millán e Meis lembran que estas cuestións estaban incluídas no acordo do pleno de órganos e que “tendo en conta que xa deberían ter feito este traballo hai varios meses, ollamos como dende a sinatura do acordo foron realizando esa limpeza de maleza, tanto nas rúas como nos barrios. Aínda así, insistimos en que aínda quedan moitas zonas nas que é preciso actuar de inmediato”.

Por outro lado, dende o grupo municipal, tamén en base ao acordo alcanzado, quixeron coñecer a situación na que se atopa o mantemento dos parques infantís e insistiron na urxencia á hora de dar solución ao arranxo dos diferentes elementos que se atopan deteriorados, “pois estamos nunha época na que a demanda é moito maior debido ao bo tempo e ao período vacacional”, recalca o voceiro esquerdista, que tamén reiterou a necesidade de executar canto antes a mellora do firme exterior do parque de Terra de Porto, “xa que temos constancia de varias persoas, pequenas e maiores, que debido ao estado do firme sufriron caídas de diferente gravidade, polo que é preciso tomar cartas no asunto o máis axiña posible”.

Otero, Millán e Meis tamén solicitaron a limpeza habitual nos arredores dos colectores de lixo, “sobre todo os que se atopan nas zonas próximas a locais de hostalería, xa que adoitan estar graxentos e provocar malos cheiros, máxime nesta época estival”. Outra das demandas foi relativa á posibilidade de reformar a vella depuradora do Corgo, que é utilizada polos servicios de xardinería e limpeza, co propósito de mellorar o espazo de almacenaxe e traballo para os operarios municipais. Por último, dende Esquerda Unida pediron que se procurase a vixilancia da parte traseira da Lonxa nas xornadas de mercadillo, “pois debido ao mal estacionamento de moitos usuarios, a estrada, que se convirte na única opción de circulación, queda reducido a un só carril, provocando enormes atascos e inconvenientes para os vehículos que se ven obrigados a transitar por esa zona”.

O concelleiros do grupo municipal de Esquerda Unida, José Antonio Otero, Susana Millán e Anxo Meis, valoraron positivamente a xuntanza co concelleiro de Limpeza, Mercado e Mantemento de Espazos Públicos, “pois púxonos ao día sobre a situación das súas áreas, resolveunos as dúbidas e acolleu con gratitude as propostas que lle trasladamos”. Así, indicaron que este é o inicio dunha serie de xuntanzas cos diferentes concelleiros e concelleiras do grupo de goberno, “pois cremos que é o mellor modo de coñecer a situación das súas áreas, se é o caso, mostrar o noso desacordo co traballo que se realiza e, sobre todo, trasladar directamente as propostas do noso programa co propósito de mellorar os servizos”.

martes, 15 de xuño de 2021

Foto denuncia EU - Perigo dun ferro saínte do chan no parque de Confín

 

⚠Usuarios do parque de Confín alertaron hai un mes do perigo que supón un ferro sobresaínte do chan ao carón da zona de xogo e preto da pista da chave, onde moitas nenas e nenos xogan libremente.
Queremos pensar que a solución que se lle dou foi adoptada por algún usuario canso de ver o risco que corrían os cativos, porque se é a que tomou o concello....🤔😱🤷🤦‍♀️
🚧 Agardamos que, o máis axiña posible, se lle dea unha solución máis axeitada, e sobre todo máis segura.

 


venres, 31 de xaneiro de 2020

Foto Denuncia EU - Estado do camiño na Xesteiriña


⚠️A veciñanza da Rúa Xesteiriña trasládanos a súa preocupación polo estado da calzada. O tránsito de vehículos pesados🚛 e a falta de mantemento do pavimento supón un risco para as persoas🚸 e os vehículos que transitan pola zona.







sábado, 16 de novembro de 2019

Foto denuncia EU - Falta de mantemento na rúa Alexandre Bóveda


📌Este é o estado da Rúa Alexandre Bóveda, humanizada en agosto en 2018. A falta de mantemento móstrase nas fendas e no musgo que comeza a acumularse por toda a rúa.

🚧A segunda fase da obra xa está en marcha e non nos gustaría que correse a mesma sorte que a primera.
 





luns, 9 de setembro de 2019

Foto denuncia EU - Pintado paso peóns en rúa Irmáns Otero Goday


🚦Os veciños preocupados pola seguridade viaria da rúa Irmáns Otero Goday, solicitan que se volva a pintar o paso de peóns.

🚗 Engaden como suxerencia a posibilidade de facer un paso elevado que axude a reducir a velocidade coa que circulan os vehículos nesta rúa.


#fotodenuncia #euogrove #pasopeons #TodosOsBarriosContan #seguridadeviaria

Foto denuncia EU - Falta de mantemento da Fonte dos Cabaliños de Confín


📣A veciñanza do barrio de Confín lamenta a falta de mantemento da Fonte dos Cabaliños.

🚨A auga estanca converteuse nun foco de proliferación de insectos durante todo o verán afectando ás vivendas máis próximas. 

#euogrove #TodosOsBarriosContan #fotodenuncia #limpeza #mantemento #confin