Punto Morado instalado no pavillón durante o Festival de Comparsas 2019. Foto CIM O Grove |
Os esquerdistas instan a
cumprir a moción aprobada en maio do 2018 e poñer durante as festas un punto de
información contra a violencia machista con persoal cualificado.
O Grove, 08 de xullo de 2019.- A menos dunha semana de que dea comezo a Festa do
Carme, Esquerda Unida non ten constancia se a concellería de Igualdade ten
previsto poñer en marcha o “Punto Morado”. Un servizo de información sobre a
igualdade entre mulleres e homes e atención para posibles casos de violencia de
xénero.
Por ese motivo, a concelleira de Esquerda Unida e responsable da área de
Muller, Cristina Domínguez, preguntou por rexistro o pasado xoves si o Concello
contempla a instalación dese punto para as festas do Carme e en caso contrario
insta a facelo en base a moción aprobada en maio do 2018.
E é que en maio do ano pasado, os esquerdistas elevaron a pleno unha moción
na que se pedía, entre outras medidas, a creación de “Espazos Seguros” para as
mulleres durante os espectáculos masivos, elaborando un protocolo en
colaboración con Consello Local da Igualdade e o Centro de Información á
Muller.
Cristina Domínguez recorda que xa nas festas do ano pasado non foi activado
ese “espazo seguro” ou “Punto Morado”, a pesar de estar aprobada a moción e que
na Festa do Marisco do 2018, logo de ter anunciado a súa posta en marcha, o
“Punto Morado” reduciuse a unhas simples mesas con varios dípticos, pero sen
persoal que informara. É por iso que Esquerda Unida pide a súa posta en marcha
para esta edición das Festas do Carme do mesmo modo que funcionou, trala
insistencia do seu Grupo Municipal, no pasado Entroido pero reclama que a
partir de agora, aparte das persoas que forman parte do CLI tamén se inclúa
persoal cualificado e preparado para informar e atender posibles casos de
violencia machista.
Gabinete de Prensa
Punto Morado instalado na rúa Castelao durante o desfile de disfraces 2019. Foto CIM O Grove |
Esquerda Unida O Grove
Ningún comentario:
Publicar un comentario