Os esquerdistas,
favorables á peonalización, queren coñecer os proxectos para as rúas Luis
Seoane e Castelao, o desvío alternativo do tráfico e as alternativas de
aparcadoiro que manexa o executivo local.
O Grove, 6 de maio
de 2016.
O Grupo Municipal de Esquerda Unida solicitou por rexistro unha xuntanza de
voceiros para abordar o tema da peonalización de rúas do casco urbano. Logo das
novas en prensa nas que se indicaba que o Concello ten previsto peonalizar en
breve a Rúa Luis Seoane e no mes de outubro a Rúa Castelao, concretamente o
tramo coñecido como a Catorse, Juan Lamelas e José Antonio Otero solicitaron
unha reunión co Alcalde para coñecer de primeira man cal é o proxecto que
executará o goberno municipal, a alternativa que ten previsto para a perda de
máis de 50 aparcadoiros e a nova circulación que se propón tralo peche ao tráfico destas dúas
rúas.
A
pesar de mostrarse favorables á peonalización das citadas rúas, xa que ademais
de supoñer unha seguridade para os viandantes pode ocasionar un incremento
económico para os negocios alí instalados, os edís esquerdistas consideran que
antes de pechalas ao transito de vehículos é preciso contar cun proxecto que
mostre as alternativas de circulación e estacionamento, cuestión que nestes
intres descoñecen por completo si existe. Tampouco teñen claro si o goberno
tratou o asunto con veciños e comerciantes, principais implicados xa que serán
os maiores beneficiados ou prexudicados por estas actuacións.
Por
ese motivo, os edís esquerdistas agardan que Alcalde atenda á petición
realizada por rexistro e convoque aos voceiros dos grupos municipais para
abordar este tema, que consideran de crucial importancia, xa que se trata de
pechar ao tráfico unha das arterias principais do concello.
Prensa
Ningún comentario:
Publicar un comentario