venres, 24 de outubro de 2008

Xornadas Lei da Memoria Histórica

A Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica do Grove infórmanos que por causas alleas á súa vontade, as xornadas de mañán, que se ían realizar no Cine Marino, cambian de ubicación, e pasarán a celebrarse na Casa de Cultura Manuel LueiroManterase o horario previsto así como o programa das mesmas.

Aproveitamos tamén para recordarvos que hoxe, ás 20:30 horas, na galería Lembranza, na rúa Castelao, celebraráse a conferencia “Los niños perdidos del franquismo”, a cargo do profesor de Dereito Penal Internacional don José Ángel Rodríguez Arias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario