mércores, 12 de novembro de 2008

Charla sobre o proceso de Boloña

bolonia
Este venres, día 14 de novembro, o colectivo territorial do Grove da Xuventude Comunista organizará unha charla sobre o coñecido proceso de Boloña de reforma do sistema educativo superior.
A Xuventude Comunista leva varios anos mobilizándose en contra deste proceso e do Espazo Europeo de Educación Superior, desde que no ano 2.000 se iniciaran en España os trámites para que no 2.010 este cambio sexa efectivo, primeiro coa Lei Orgánica de Universidades (a controvertida LOU do Partido Popular que levou a milleiros de estudantes a protestar nas rúas) e despois cos reais decretos publicados polo goberno do PSOE que camiñan cara a elitización, privatización e mercantilización da universidade.

Animamos a todos os estudantes grovenses a que acudan a esta interesante charla, enmarcada dentro das xornadas estatais de mobilización contra Boloña do día 13, e que será impartida por Yaiza Gandoy, responsábel nacional de Movemento estudantil da Xuventude Comunista Galega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario