Prensa:
O Consello Local da Xuventude avanza na dinamización da actividade xuvenil
Os membros do Consello Local da Xuventude reuníronse esta tarde por segunda vez do que vai de mandato; aprimeira reunión realizouse á instancias do concelleiro de xuventude, Xan Lamelas, o pasado mes de marzo, na que decidiron reunirse cada mes. Á convocatoria de hoxe asistiron representantes de Enxebre, Galiza Nova, Xuventudes Comunistas e Novas Xeracións.
Avaliacións
O primeiro punto da orde do día, era a valoración das actividades que se están a realizar dende a Concellería de Xuventude, o concelleiro fixo un repaso pormenorizado por cada unha delas, en canto á participación. Todos coincidiron en valorar positivamente ditas actividades, aínda que por outra parte lamentaron a pouca asistencia nalgunha das mesmas, e a escasa promoción. Encomendaron ao concelleiro que para próximas actividades a realizar, se faga máis promoción, ben en prensa, cartelería, megafonía, ou mesmo entre as propias asociacións.
Propostas
O segundo punto da orde do día, era a presentación de propostas por parte dos colectivos xuvenís. Neste punto Enxebre e Xuventude Comunista coincidiron en propoñer unha programación anual de actividades de ocio e tempo libre, Xuventude Comunista tamén tiña preparadas outras tres propostas relativas ao Regulamento do propio CLX, á elaboración dun boletín informativo, así como a organización dunconcurso para elixir un logotipo para o CLX. Aínda que foron ben acollidas en xeral, estas quedaron sobre a mesa e serán discutidas na reunión do próximo mes, xa que os demais colectivos non tiveron tempo a analizalas en profundidade.
Composición
Outro dos obxectivos do Consello Local da Xuventude é a de formalizar en breve a súa composición oficial, pois aínda que o CLX está creado como tal, con estatutos propios, aprobados en pleno pola Corporación municipal, non está constituída formalmente a súa composición, e deberase nomear a un vicepresidente, secretario e vocais, o único cargo elixido de antemán, tal como rexe nos estatutos é o do Presidente, que recae no Concelleiro de Xuventude.
Ningún comentario:
Publicar un comentario