xoves, 17 de abril de 2008

O meco Rubén Domínguez presenta mañá a súa curta “Funeral Afónico”

Prensa:
O meco Rubén Domínguez presenta mañá a súa curta “Funeral Afónico”
Diario de Arousa REDACCIÓN > O GROVE
O cineasta grovense Rubén Domínguez presentará mañá na terra que o veu nacer o seu traballo fin de carreira, unha curtametraxe titulada “Funeral Afónico” que se estrenará a partir das dez da noite no Cine O Mariño. A obra ten uns vinte minutos de duración e foi gravada en espazos como Sober, en Lugo; Rouxique en Sanxenxo e, como non podía ser doutro xeito, a parroquia de San Vicente do Grove. O documento visual parte dunha transgresora maneira de mirar moi influenciada polo surrealismo de André Breton e con pinceladas de artistas como Luis Buñuel ou o propio Carlos Velo.

Rubén Domínguez naceu no ano 1987 en San Vicente e cursa estudos na Escola de Imaxe e Son da Coruña. É ademais compoñente do grupo Telephones Rouges, e participou na lista electoral de Esquerda Unida – Esquerda do Grove nas pasadas eleccións municipais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario