sábado, 12 de abril de 2008

Charlas de emprego nos institutos de O Grove

A partir da vindeira semana, o Concello do Grove, a través das Concellarías de Xuventude, Formación e Emprego dirixidas polo edil de Esquerda Unida Xan Lamelas, impartirá charlas no IES As Bizocas e IES Monte da Vila a cargo do Técnico Municipal de Emprego, en colaboración cos servizos de orientación destes centros educativos.

Estarán dirixidas a alunos de 2º e 4º da ESO de ámbolos dous institutos, e terán unha duración de 50 minutos. O contido das charlas versará sobre o nivel de inserción laboral segundo estudos cursados ou as saídas ao mercado laboral existentes no noso concello e comarca.
Con estas actividades preténdese que os mozos e mozas que estudan no Grove tomen conciencia da importancia dos estudos cursados á hora de atopar un posto de traballo, tentando evitar a abandono que se dá dos estudos dunha parte importante de xóvenes en 3º da ESO, así como orientar aos rapaces e
rapazas que están a piques de rematar a secundaria para elexir que camiño seguirán segundo as súas preferencias de futuro (Formación Profesinal, Bacharelato, Universidade).

As charlas comezarán o luns 14 e continuarán os días 15, 16, 17, 22 e 23 de abril, comezando no IES Monte da Vila e rematando no IES As Bizocas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario