A Concellería de Formación e Emprego, dirixida polo edil de Esquerda Unida Xan Lamelas, informa da posta en marcha dun curso de xardinería para persoas don dispacacidade psíquica dentro do marco do convenio entre o Concello do Grove e a Asociación BATA.
Esta semana dará comezo un curso de xardinería para persoas discapacitadas psíquicas, actividade enmarcada no convenio de colaboración asinado entre o Concello do Grove e a Asociación BATA.
Actualmente rapaces dirixidos por BATA están realizando labores de adecentamento de diversos lavadoiros no termo municipal meco, completando este curso de xardinería a formación dos rapaces, que ten como obxectivo
favorecer a inserción laboral deste colectivo con dificultades.
O curso realizarase os luns e mércores de 17 a 19 horas nas instalacións municipais de Monte das Flores, onde actualmente tamén se está a desenvolver o Obradoiro de Emprego “Monte das Flores II”.
–
Concellarías de Xuventude, Persoal e Formación e Emprego
Ningún comentario:
Publicar un comentario