No pleno do 29 de marzo, o noso voceiro reiterou a necesidade de actuar no “Camiño Escolar Seguro” de Rosalía de Castro no seu paso pola rúa Conchases. Neste tramo existe unha obra nunha edificación que se atopa paralizada dende hai anos e supón un perigo para as persoas que circulan pola súa beirarrúa polo que solicitamos ao concello que procurase unha solución para evitar accidentes.
Entre as solucións propoñiamos que se desviara o tránsito de peóns pola outra beirarrúa. Un mes despois, no pleno do 26 de abril, a Concelleira de Obras indicou que ían pintar un paso de peóns e desviar o “Camiño Escolar Seguro” cara a outra beirarrúa co propósito de que a circulación de peóns fose máis segura.
A día de hoxe, dous meses e medio despois da resposta da concelleira, e tres meses dende a interpelación do noso voceiro, a rúa continúa no mesmo estado, e os/as peóns seguen transitando pegados ao citado edificio.
A que agardan para cumprir co seu compromiso? A que suceda unha desgraza?
Ningún comentario:
Publicar un comentario