mércores, 6 de marzo de 2013

Rogos e preguntas sesión plenaria 27 de febreiro


No pleno do mes de febreiro Esquerda Unida presentou unha serie de rogos e preguntas. Os rogos foron aceptados polo grupo de goberno. En canto as preguntas, algunhas non foron contestadas e as outras non nos convenceron as súas respostas.

Rogo 1: A semana pasada, concretamente o xoves 21, asistimos a un novo accidente no cruce que une as rúas Rosalía de Castro e Igrexa coa avenida de Portugal. Desgraciadamente non é o único e sospeitamos que non será o último accidente que se produza nesa zona. Constatamos que este cruce sufriu máis accidentes desde que se cambiaron os stops. Por este motivo, rogamos se tomen, o máis axiña posíbel, as medidas oportunas para garantir a seguridade dos usuarios neste cruce.

Rogo 2: Algúns concelleiros non podemos achegarnos coa frecuencia coa que nos gustaría ao Concello para recoller a documentación dos plenos. Rogamos que se nos achegue a documentación relacionada co pleno no momento que se nos entrega a convocatoria ou ben se volva a enviar por correo electrónico como se facía antes.

Rogo 3: Varios veciños nos informan do mal estado de moitos dos colectores de lixo que hai no Concello. Algúns non contan con tapa co que o cheiro é insoportábel, e outros están furados e os líquidos dos resíduos rematan polas rúas o que pode provocar accidentes.
Por estos motivos solicitamos que se proceda ao arranxo ou substitución dos mesmos.

Pregunta 1: Desde hai varios meses o Concello está a utilizar os servizos dunha empresa pola utilización dun camión para diferentes traballos (recoller ponlas, cambiar contenedores, prantar árbores...) que poderían realizar os operarios municipais sen nengún problema.
Nos tempos de austeridade que predicou e predica este goberno, ¿por que se contrata un servizo externo cando o Concello conta con vehículos que poden realizar o mesmo traballo sen custes adicionais?

Pregunta 2: Ante a situación da fin das subvencións para os Grupos Municipais de Intervención Rápida por parte da Xunta de Galicia, puidemos saber a través dos medios de comunicación que o Alcalde e o Concelleiro de Seguridade Cidadá e Emerxencias mantiveron reunións con responsábeis autonómicos. ¿Cales foron as propostas que se trasladaron desde o Concello? ¿Cal foi o acordo final acadado?

Pregunta 3: Tamén puidemos coñecer este ano a fin das subvencións autonómicas para o servizo de prevención de drogodependencias. Non coñecemos que se actuara de xeito similar que no anterior. Nós coñecemos solucións para que o servizo se manteña e temos constancia de que o goberno tamén as coñece. ¿Cal é a postura oficial do goberno respecto a este servizo? ¿Que medidas se levaron a cabo, se é que se tomou algunha, para poder continuar con este servizo?

Pregunta 4: Este mes puidemos observar a través do medios de comunicación da visita do Conselleiro Hernández ás obras da EDAR. ¿Cal é o motivo de que desde o goberno municipal non se convidara aos membros da corporación municipal a esta visita institucional como soe ser habitual, máis sabendo que algúns dos membros da oposición somos os responsábeis da posta en marcha das obras no lugar?

Pregunta 5: ¿Estase a solicitar o pago da taxa de emerxencias a veciños non responsábeis de accidentes?

Ningún comentario:

Publicar un comentario