venres, 22 de marzo de 2013

EU presenta unha moción para a creación dun parque canino e zonas de espallamento.

Descargar Moción
Esquerda Unida, a través do seu concelleiro Juan Lamelas, presentará no pleno correspondente a este mes de marzo unha moción para a creación dun parque canino e zonas de espallamento no Concello do Grove.


A presenza dos cans é cada día máis abundante no noso Concello. Non se limita soamente ás casas con horta ou xardín, xa é un membro máis nos pisos de numerosos habitantes. Por iso mesmo, demandamos a creación dun parque
canino nalgunha das numerosas zonas das que dispón a nosa vila, sobre todo ao longo do Paseo Marítimo ate a Praza do Corgo, e zonas para o espallamento dos cans repartidas pola vila.

Esta proposta non suporá un gasto excesivo para o Concello, pois dito parque e zonas de espallamento poderán crearse utilizando materiais reciclados do punto limpo ou do almacén municipal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario