mércores, 6 de marzo de 2013

O Tripartito rexeita a Moción de EU en defensa das traballadoras de Cuca.

No pleno do mes de febreiro,  a nosa agrupación presentou unha moción para a defensa da fábrica de Cuca en Vilaxoán e non traslado da produción desta ao Grove. 

A moción contou co apoio do PSOE e o BNG, pero foi rexeitada polo grupo de goberno (PP, PGD e A Meca).



Moción conpleta presentada por Esquerda Unida:

D. Juan Lamelas Alfonso, concelleiro do Concello do Grove por Esquerda Unida, en nome e representación do mesmo, somete ao PLENO deste Concello para o seu debate e aprobación, se precede, a seguinte

MOCIÓN

POLA DEFENSA DA FRÁBRICA CUCA DE VILAXOÁN E O NON TRASLADO DA PRODUCIÓN DA MESMA A O GROVE.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS.
O primeiro que temos que dicir é que a Conserveira Cuca é rentable, non por que o digamos nos, se non polos datos que reflexa os informes económicos que presenta a empresa no rexistro mercantil. Basándonos nesto, solo cabe dicir que o obxectivo que perseguen os donos do Grupo Garavilla é incrementar os seus beneficios e situar as empresas do seu grupo, e concretamente á fabrica sita no Grove, como un “caramelo” para os grandes grupos asiáticos da conserva, líderes mundiais do sector. E todo isto, a costa do sufrimento dos seus traballadores e dos pobos onde están ubicadas.

É mentira que se vaian crear mais postos de traballo no Grove, e si se crean é a sabendas de que o persoal de Cuca non vai poder asumir as consecuencias, tanto económicas como de outra índole, que lles vai ocasionar o traslado á fábrica do Grove.

Para o pobo de Vilaxoán vai ser unha auténtica desgraza, hai que ter en conta que a parte das 89 persoas fixas que había na empresa, o largo do ano traballaban entre 100 e 150 personas de contrato en Cuca, a maioría veciños de Vilaxoan. Esta cantidade de contratación debíase principalmente ao carácter artesanal da conserva feita en Cuca, cousa que na fábrica do Grove podemos case confirmar que vai desaparecer. Porque dicimos isto?, pois pola forma de actuar nos últimos anos da Dirección de Conservas Garavilla do Grove que está deslocalizando todo o traballo que pode dende fai anos, o que supuxo a extinción de moitísimos postos de traballo na empresa.

Todas estas decisións da dirección da empresa Conservas Garavilla, fixo que nos últimos anos a contratación de persoal eventual disminuira de forma drástica. Hai que saber que ata o 2007, a media de xente que traballaba na empresa entre fixos, fixos discontinuos e eventuais, estaba entre as 600 e 700 persoas, e agora está en 350. 

Todos os que traballan na conserva saben que a producción artesanal e de calidade implica que todo o proceso, dende que entra a materia prima na fábrica ata que se pon no palet para cargar no camión, ten que estar supervisado e facerse na empresa. A día de hoxe, a fábrica do Grove non está capacitada para tal cousa.


As condicións obxectivas fannos observar que co traslado de Cuca ao Grove non suporá a creación de máis postos de traballo no noso concello, e moito menos a mellora das condicións laborais do persoal existente nin do que se traslade de Vilaxoán. Neste último caso, é evidente que saen perdendo.

O peche da fábrica de Cuca suporía outro desastre máis para esta comarca tan castigada polo desemprego, sobre todo o feminino.  Un desastre para Vilgarcía e sobre para o pobo de Vilaxoán que queda desmantelado industrialmente, co que isto supón para os seus veciños. Un desastre para o sector da conserva galega, que perde un referente de calidade. Ademais, se se chega a producir o peche e traslado de Cuca, estarase arriscando o futuro do sector ante unha posible venda do Grupo Garavilla a unha empresa asiática que deslocalice toda a produción e invada o mercado con conserva barata e feita nalgún país asiático (non olvidemos  que os donos do Grupo Garavilla, son a familia Garavilla e un grupo de capital de risco, MCH Private, que posúe o 51% das accións do grupo).  Se esta venda se chegara a producir sería un desastre para o pobo de Grove, por que o mellor a próxima fábrica que pecharía sería a nosa, e 350 familias de forma directa o outras tantas de forma indirecta se verían afectadas.

PROPOSTA DE ACORDOS.
1. Instar ao Grupo Garavilla a manter a produción de Cuca en Vilaxoán.

2. Instar á Consellería de Industria da Xunta de Galicia a poñer en marcha todos os mecanismos para manter os postos de traballo tanto no Grove como en Vilaxoán.

O Grove, 29 de xaneiro de 2.013 
Juan Lamelas Alfonso

Ningún comentario:

Publicar un comentario