22 marzo 2013

EU presenta unha moción para a creación dun parque canino e zonas de espallamento.

Descargar Moción
Esquerda Unida, a través do seu concelleiro Juan Lamelas, presentará no pleno correspondente a este mes de marzo unha moción para a creación dun parque canino e zonas de espallamento no Concello do Grove.

19 marzo 2013

Esquerda Unida presenta unha moción sobre transparencia de datos no Concello do Grove

Descargar moción
Esquerda Unida presentará, a través do seu concelleiro Juan Lamelas, no pleno correspondente a este mes de marzo, unha moción sobre transparencia de datos no Concello do Grove.

10 marzo 2013

10M: Día da Clase Obreira galega

Xa son varios anos de políticas de austeridade promovidas pola Troika e implantadas contra os intereses da maioría da poboación. Ademais de conducirnos ao empobrecemento, aos desafiuzamentos e á precariedade, as sucesivas reformas laborais e políticas neoliberais tan so buscaron o beneficio da burguesía, mentres a clase traballadora paga a súa crise.

07 marzo 2013

Sen igualdade non hai democracia

Desde os inicios do movemento feminista, as mulleres estamos a loitar por unha sociedade mellor que iguale en dereitos e oportunidades a todas as persoas.

O 8 de marzo é un día para reivindicar que sen igualdade non hai democracia. As mulleres fomos e seguimos a ser as impulsoras e promotoras de grandes cambios que contribuíron decididamente ao enriquecemento da democracia, de tal xeito que demostramos que sen nós esta non existe.

Chávez é exemplo

O proceso de construción do socialismo e loita contra a pobreza é o obxectivo que persegue o proceso revolucionario venezolano que coloca ás persoas no centro da política.

Esquerda Unida lamenta a morte do comandante Hugo Chávez, quen conseguiu transformar Venezuela e convertila nun exemplo de loita contra a pobreza. Coa súa política respaldada pola maioría da cidadanía, Chávez apostou pola recuperación da identidade venezolana arrebatada pola condición de colonia neoliberal, nacionalizou empresas e recuperou o control do país que estaba rendido ao abuso do capital.

A executiva nacional de Esquerda Unida considera que o exemplo venezolano, é un exemplo de revolución socialista da que occidente dista tanto. As políticas deseñadas pola vontade da igualdade de dereitos e oportunidades entre a cidadanía e a realidade dunhas políticas que camiñan cara unha igualdade roubada, pasa pola continuación da política revolucionaria iniciada con Chávez, e que celebraremos sexa continuada tras as vindeiras eleccións.

Yolanda Díaz: “a elección democrática de Chávez reflicte a vontade do pobo venezolano por acadar a igualdade, por erradicar a pobreza e o analfabetismo e, en definitiva, a dignidade como pobo”.

06 marzo 2013

Xan Lamelas critica a actitude do Alcalde no pleno

No pleno de febreiro o noso concelleiro Xan Lamelas mostrou o seu malestar co Alcalde pola súa actitude cos concelleiros da oposición. 

Durante a sesión plenaria, Miguel Pérez interrompeu en varias ocasións aos membros da oposición cando estaban no uso da palabra. Namentres os seus concelleiros e compañeiros de goberno tiveron liberdade e falaron todo o tempo que precisaron, os concelleiros da oposición víanse interrompidos cando as verbas non gustaban ao executivo. Esta situación foi denunciada polo noso concelleiro,  Xan Lamelas, que pediu a palabra por cuestión de orde para recriminarlle ao Alcalde a súa actitude -palabras que non gustaron e polas cales tamen foi interrumpido por Miguel Pérez-. Asimesmo, o Alcalde negouse a contestar ás preguntas incómodas que lle foron plantexadas polo concelleiro de Esquerda Unida.

PRENSA:

O Tripartito rexeita a Moción de EU en defensa das traballadoras de Cuca.

No pleno do mes de febreiro,  a nosa agrupación presentou unha moción para a defensa da fábrica de Cuca en Vilaxoán e non traslado da produción desta ao Grove. 

A moción contou co apoio do PSOE e o BNG, pero foi rexeitada polo grupo de goberno (PP, PGD e A Meca).

Rogos e preguntas sesión plenaria 27 de febreiro


No pleno do mes de febreiro Esquerda Unida presentou unha serie de rogos e preguntas. Os rogos foron aceptados polo grupo de goberno. En canto as preguntas, algunhas non foron contestadas e as outras non nos convenceron as súas respostas.