xoves, 4 de outubro de 2012

Sobre a selección de persoal na Festa do Marisco


Desde Esquerda Unida queremos amosar o noso malestar co sistema de selección de persoal para a Festa do Marisco o cal está a levantar polémica estos días. Foron numerosas as ocasións nas que desde a nosa organización, a través do noso concelleiro José Antonio Taboada, demandamos un cambio no sistema de selección de persoal, así como mudar o sistema de voluntariado por contratación.


Recordamos que para a Festa do Marisco o Concello utiliza un sistema de voluntariado, polo que os veciños que traballan durante os días da festa reciben un salario en función de dietas e desprazamentos que non cotiza. Asimesmo, moitos deses “voluntarios”, que durante os días de festa atenden en diferentes labores (limpeza, caixas, cociña…) soen ser veciños que contan con contratos en vigor e que utilizan as vacacións nas súas empresas para sacarse un soldo extra.

Foron numerosas as ocasións nas que solicitamos este cambio. Tanto en comisións de Turismo, como en sesións plenarias a través dos rogos e preguntas, e tamén cando formabamos parte do  goberno municipal. Desde o noso punto de vista débese mudar o sistema de voluntariado que se vén utilizando desde hai moitos anos por contratacións laborais con cotización á Seguridade Social. Asimesmo, dentro do que entendemos que debe formar parte da política social do Concello, deberase priorizar as necesidades sociais. Para isto, o Concello debería crear unha bolsa de emprego local como vía tamén para acabar co enchufismo político. Así o expuxemos no noso programa electoral co cal a concelleira Filgueira se amosaba de acordo. Unha vez máis, a señora Filgueira dá a razón a Esquerda Unida para facer o contrario.

Dende Esquerda Unida pedimos en varias ocasións, que aínda sendo un sistema de voluntariado, se atendese primeiramente aos veciños que estiveran no paro, pedindo constancia desta situación na solicitude.

noticia na prensa:
Todogrove.com: EU reclama cambiar o sistema de voluntarios da Festa do Marisco por contratacións

Ningún comentario:

Publicar un comentario