luns, 8 de outubro de 2012

Resumo do Acto Público do Grove con Cayo Lara

Este domingo, unha ateigada Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey do Grove acolleu un Acto Público de Esquerda Unida que contou coa presenza do Coordinador Federal de IU, Cayo Lara; a Coordinadora Nacional de EU e número 2 de Alternativa Galega de Esquerda pola Coruña, Yolanda Díaz; e o concelleiro de Vilagarcía e cabeza de lista ao Parlamento galego de Alternativa Galega de Esquerda por Pontevedra, Juan M. Fajardo.
Ofrecémosvos un pequeno resumo das súas intervencións publicadas polo twitter de @EsquerdaUnida
Proximamente publicaremos o video das intervencións.




  • Comeza @Yolanda_Diaz_ a falar no mitin de O Grove
  • "Feijóo intenta que unha mentira repetida mil veces se faga verdade, non fai máis que mentir" 
  • "A débede contraída con Feijóo aumentou en 4.000 millóns. Non se usou para servizos sociais, sanidade, educación, de pendencia"
  • "Feijóo destrúe nun 12% o emprego e sí que tiveron unha mala herdanza do bipartito máis non é escusa"
  • "Necesitamos redistribuír a riqueza, para que o pobo poida mellorar a súa situación"
  • "Feijóo fixo campaña contra os coches oficiais de Touriño pero él pasea nun coche regalado por unha empresa."
  • "Hai que eliminar as SICAV que, como Amancio Ortega permiten o seu dono tributar ó 1%"
  • "Xa que temos o 99% do capital de Novagalicia Banco debemos convertilo en banca pública"
  • "Necesitamos que vos rebeledes, a alternativa non está entre Pachi Vázquez e Feijóo. A alternativa somos nos"
  • "Feijóo dicía que ten fondo privado de pensións e pavonea de ter 1200 accións de Telefónica. Nin Juan Fajardo nin eu temos iso"

  • "Xuntos podemos derrotalos. A democracia chegará ó Parlamento de Galicia" Comeza  @Cayo_Lara
  • "As eleccións en Galicia tocaban para 2013. ¿Hai crise de goberno?"
  • "Cada vez que pedíamos reformala Constitución dicían que era intocable pero dun día para outro a modificaron sin consultar"
  • "Primeiro hay que garantir a sanidade, a educación e as pensións, non os intereses da deuda"
  • "Adiantaron as elección para que non lles afecte electoralmente a intervención"
  • "Nós non necesitamos poñernos o traxe de pana cando chegan as eleccións. O traxe o chevamos sempre"
  • "Hai unha herdanza que é unha democracia de xeonllos ante os grandes poderes"
  • "Foron debilitando o Estado para que non regulase o mercado e que puidesen defraudar, baixar salarios..."
  • "Deixáronnos máis débeda, máis hipoteca. 5 millóns de parados pero a peor herdanza de ZP foi non reformar-la Lei Electoral" 
  • "Rajoy ten a lagalidade pero non a lexitimidade para aplicar este programa electoral"
  • "Quén nos ía a dicir que Gallardón ía a aplicar unhas medidas tan retrógradas sendo o máis de "centro" do PP"
  • "Este é o goberno que amnistía ós ricos. O que máis teñen non queren que os fillos dos traballadores vaian a Universidade"
  • "É a dereita do incremento do paro. Xa temos 400.000 atribuíbles ó PP" 
  • "Se cada vez atacan máis á poboación, o pobo sairá á rúa"
  • "Despiden a traballadores antigos, páganlles catro duros e os substitúen con xoves precarios"
  • "Nos seus cartéis xa non poñen gaivotas, vánselles caendo cousas"
  • "Os Presupostos son de recortes. Ides ter 500 millóns menos polo tanto menos emprego, menos estimulación, máis recesión"
  • Rajoy dí que o único pacto que fará será cos galegos e galegas. Non ten credibilidade"
  • "Feijóo é o mando é o mando a distancia de Rajoy, por iso temos que paralos"
  • "Sumar na esquerda é multiplicarla confianza por iso agradezo que ANOVA, EQUO e Ecosocialistas estéan unidos con nós"
Pincha aquí para ver a intervención de Cayo Lara, xentileza de Todogrove.com.

  • Turno de @JMFajardoEU
  • "Dí Feijóo que se presenta contra a crise cando multiplicou por dez as súas consecuencias"
  • "Está levando a cada un dos traballadores ás colas do paro e ás colas dos comedores sociais"
  • "O goberno deste país ten que servir para que o pobo saia dignamente da crise" 
  • "Cada un de nós que está na cola do paro está aí por culpa da súa mala política"
  • "Queremos formar parte dun Parlamento transparente e democrático, o pobo ten que saber o que pasa alí" 
  • "Feijóo quere ser presidente para ter catro anos máis o pisito de solteiro de Monte Pío"
  • "Calquera representante que teña manchas no seu expediente por corrupción ten que ser expulsado inmediatamente" 
  • "Privatizar a sanidade mata" 
  • "A mortalidade na sanidade privatizada increméntase un 2% en adultos e 6% en nenos" 
FOTOS DO ACTO por Todogrove.com



Ningún comentario:

Publicar un comentario