venres, 25 de maio de 2012

A solución chapuza para apaciguar as críticas vertidas sobre o tamaño das árbores do paseo de Lordelo.

O martes puidemos leer que un medio local facíase eco do malestar da veciñanza polo tamaño que alcanzaban as árbores nalgunhas zonas da vila e que obstaculizaban o tránsito de peóns e usuarias/os de bicicletas. Concretamente as árbores do paseo de Lordelo-Terra de Porto era branco de todas as críticas. Desde Esquerda Unida entendemos que estos comentarios estaban ben fundamentados pois non só afectaban á estética do lugar e daba un aspecto descoidado e abandonado, senon que poñía en perigo ás usuarias/os e privaban ás veciñas/os dun servizo público.


Hoxe os medios recollían que o concello xa procedera o mércores á poda das árbores que invadían o carril bici ao que nos referimos (tampouco contamos con máis). A verdade é que a reacción foi rápida pero lamentablemente, entendemos que non executada dun xeito eficaz e poderíamos dicir aquelo de "vísteme despacio que tengo prisa".

O concello procedeu a "chapodar" as ramas dalgunhas árbores (pois segundo Alfredo Bea só tres eran os que molestaban realmente), algo que non debería ter acontecido tan in extremis si se fixese no momento axeitado e no que lle correspondía. As árbores (ás que lle tocou) foron recortadas sen piedade e salvando o problema alixeirando o lado do carril bici unicamente, quedando a copa totalmente descompensada. Pero xa sabemos que está de moda recortar para un lado só.

Hoxe dispuxémonos a coller a bicicleta para facer o recollido completo do paseo e atopámonos coa gran sorpresa de que as árbores do lado de Terra de Porto están sen tocar e seguen tendo tamaños descomunais que interrompen o servizo. Por outro lado, observamos o descoidado xeral da xardinería da zona que ofrece unha imaxe lamentable e só é unha evidencia máis da despreocupación do goberno pola vila e o pobo.

Esquerda Unida non dubida que conforme chege o verán tanto iste como outros espazos públicos presenten unha imaxe impecable para que os visitantes leven a idea dun concello exemplar. Pero para nós, tanto ou máis importantes son as veciñas e veciños que fan uso dos servizos durante todo o ano e que teñen dereito en facelo en óptimas condicións.

2 comentarios:

  1. Espero que as papeleras xa estén arranxadas, porque había moitas sen fondo, e xa fai meses que os veciños da zona manifestaron o seu malestar por este feito.

    ResponderEliminar
  2. Como ben sabes Susi, ese rogo fixose noutro pleno e como con case todo, fixeron caso omiso. Volveremos solicitalo xunto con outras tantas demandas que foron ao caixón.

    ResponderEliminar