O
concelleiro de Esquerda Unida do Grove, José Antonio Taboada,
propondrá no pleno que se celebrará o 31 de Maio que o Goberno
Central modifique a lei que exime á igrexa católica do pago do IBI
(Imposto sobre Bens Inmobles). Foi o aumento deste imposto (entre o 4
e o 10%) a principal medida tributaria para correxir o déficit
público, consecuencia das inadecuadas políticas económicas
neoliberais dos partidos maioritarios e que inxustamente recae sobre
as costas da cidadanía.
En
España este privilexio supón 3.000 millóns de euros menos ás
arcas do estado e fronte ao que moitos pensan a igrexa non presta
servizos sen ánimo de lucro na nosa sociedade, xa que o traballo de
Cáritas, organización dependente da igrexa católica, hoxe en día
mantense grazas ás doacións privadas. Por outro lado, as
residencias de anciáns, conventos, colexios e alugueres de espazos
eclesiásticos grazas aos cales reembólsase esta institución
suculentos ingresos.
Desde
EU entendemos que se a igrexa está tan preocupada pola precaria
situación social que a cidadanía (exenta de reis, banqueiros e
corruptos en xeral) vive, a mellor aportación que pode facer é
pagar os mesmos impostos e saír dunha vez por toda desta situación
de privilexio histórico intolerábel.
ver/descargar moción
ver/descargar moción
Ningún comentario:
Publicar un comentario