Hoxe tivemos a sorte de poder acudir á convención provincial de ESQUERDA UNIDA en Vigo na que se presentaba
como cabeza de lista para as vindeiras eleccións autonómicas a Juan
Fajardo Recouso, actual concelleiro en Vilagarcía de Arousa e traballador
Informático, aínda actualmente atópase no paro. Acompáñao como número 2 da
candidatura a viguesa Eva Solla, enfermeira e responsábel da área de
Saúde e Benestar Social en Vigo, traballadora do SERGAS. A candidatura aprobada supón
unha renovación do 80% respecto das pasadas eleccións e conta cunha ampla
participación da mocidade. Dita candidatura aínda deberá ser ratificada polo Consello Político Nacional de
Esquerda Unida.
O acto iniciouse cunha asemblea aberta, na que
un 50% dos asistentes eran persoas non afiliadas, representativos de
diferentes sectores sociais e na que se realizaron aportacións aos
documentos programáticos que EU defenderá no parlamento
autonómico.
Na súa intervención, Juan
Fajardo, destacou que EU aporta firmeza na construción dunha barreira
contra a agresión ao emprego e aos servizos sociais; aporta coherencia
entre o que se di e o que se fai; aporta solvencia na alternativa, para
combater a resignación. O candidato chamou a mobilización para
unha saída da crise que se faga tendo en conta ás persoas e non os
poderes financeiros, chamados mercados.
Un sentir maioritario da
Convención foi a aposta pola Convocatoria Social como método de
construción e participación dende abaixo.
Desde EU do Grove confiamos plenamente neste aurensán comprometido co traballador e sectores en exclusión social, entusiasta de ideas claras, coherencia ideolóxica e que porá as cousas claras no Parlamento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario