Prensa:
Os participantes nos cursos de formación do Concello reciben os seus diplomas
O concelleiro de Xuventude, Formación e Emprego do Grove, Xan Lamelas, fixo entrega esta tarde no salón de actos do concello dos certificados de asistencia dos cursos que se impartiron dentro da “Programación de cursos 2007-2008”, desenvolvidos polas súas concellarías.
Dentro destas accións formativas celebráronse cursos en diferentes ámbitos, como o asistencial, falar en público, a informática ou a contabilidade. Estes cursos tiveron entre 12 e 30 horas lectivas de duración e foron impartidos en varios centros de formación da nosa vila, coma a Escola de Negocios E-Pyme e o centro de estudos informáticos Formas, aos que o concelleiro tamén quixo agradecer a súa colaboración.
A entrega asistiron unhas vinte persoas, e todas aquelas que non puideron pasar a recoller os certificados, poderanos retirar no Edificio de Usos Múltiples da rúa Castelao.
Ningún comentario:
Publicar un comentario