sábado, 3 de maio de 2008

A Mesa do Parlamento aborta a ofensiva de EU para reducir o límite electoral ao 3%

Prensa:
Considera que non pode tramitar a iniciativa lexislativa popular xa que a reforma afecta ao “desenvolvemento básico do Estatuto de Autonomía”.
Esquerda Unida non poderá nin recoller as 15 mil sinaturas necesarias para que se debata no Parlamento unha reforma da lei electoral galega. A Mesa da Cámara considera que non pode tramitar a petición porque a proposta de EU de rebaixar do 5 ao 3% os votos necesarios para obter representación parlamentaria afecta ao “desenvolvemento básico do Estatuto de Autonomía”.
Antes de coñecerse a decisión da Mesa do Parlamento, os tres grupos con presenza na Cámara xa se mostraran pouco proclives a rebaixar a barreira queestabeleceu en 1992 o PPdeG.

Ningún comentario:

Publicar un comentario