domingo, 4 de maio de 2008

Lamelas responde ás acusacións de Pérez sobre a obra da escola unitaria de Ardia

En resposta á advertencia de Miguel Pérez realizada a través dos medios de comunicación sobre a posibilidade de que a reconstrución da antiga escola unitaria de Ardia sexa ilegal, desde a Concellería de Formación e Emprego queremos aclarar que:
Non entendemos a preocupación do portavoz popular, a non ser que non saiba que esta concellería no momento en que caíron as paredes do edificio aludido parou a execución do proxecto, á espera dun informe técnico sobre a viabilidade de levantar unha construción de nova factura.
Pregúntase Miguel Pérez se o concello vai actuar contra a legalidade urbanística. A resposta é que este goberno pretende marcar unha liña diferenciadora en relación co goberno presidido por el, polo que sempre actuará dentro da legalidade vixente.
Polo tanto, solicitamos do grupo municipal do Partido Popular, que deixen de intoxicar a vida política municipal con frases condicionais sobre feitos que non se produciron, e faga unha oposición basada, non en invencións, senón en realidades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario