venres, 30 de novembro de 2007

Brigada internacionalista ao Sahara

O concelleiro de Esquerda Unida no Grove Xan Lamelas, viaxará esta semana os campamentos de refuxiados saharauis como membro da brigada internacionalista organizada pola Unión de Juventudes Comunistas de España.
Nesta viaxe, achegarase diverso material solidario ás familias que acollerán aos brigadistas, así como ás escolas e hospitais que visitarán.
A brigada reunirase con diversas organizacións saharauis entre as que estarán o Frente Polisario, a UJSARIO (xóvenes e estudantes), a
Federeación de Estudantes ou a UNMS (mulleres). Asimesmo, visitarán os muros que separan a zona liberada dos territorios ocupados, o Museo da Guerra, hospitais e escolas.


Lamelas agarda que esta experiencia sexa positiva e lle serva non só para achegar un pouco de solidariedade a este pobo oprimido, senón tamén para axudar a concienciar ás xentes do Grove sobre os problemas da nación saharaui e outros pobos do mundo, e da necesidade da solidariedade
internacionalista.

Ningún comentario:

Publicar un comentario