xoves, 22 de novembro de 2007

Xuventude Comunista convoca a unha concentración antifascista

O colectivo local da Xuventude Comunista convoca a todos os antifascistas e defensores da liberdade a unha concentración antifascista este sábado 24 de novembro ás 18 horas na Praza Fonte do Galo, onde antigamente se situaba o monolito aos caídos.

Comunicado da XCG:
Concentración antifascista en O Grove. Sábado 24 ás 18 horas na Praza Fonte do Galo.
A Xuventude Comunista quere mostrar a máxima condea e repulsa fronte o brutal asasinato dun mozo antifascista de 16 anos e o apuñalamento de outro mozo perpretados por un neonazi en Madrid, así como fronte á brutalidade policial que deixou gravemente ferido a outro mozo a causa do impacto dunha pelota de goma contra a súa cabeza.
Unímonos á dor de todas e todos as compañeiras e compañeiros antifascistas e queremos mostrar as nosas condolencias e toda a solidariedade coa familia e as compañeiras e compañeiros do mozo antifascista asasinado nestes duros momentos.
Mostramos a mesma solidariedade cos feridos, aos que desexamos unha pronta recuperación.
A Xuventude Comunista súmase ás concentracións de repulsa convocadas en outras cidades do país e animamos a toda a xuventude a participar das mesmas.
Facemos un chamento á unidade na loita contra o fascismo e a impunidade, por iso animamos a todos os defensores da liberdade e antifascistas a que se sumen á concentración que terá lugar este sábado 24 de novembro ás 18 horas na Praza Fonte do Galo (antigamente dos caídos).
PECHEMOS AS PORTAS AO FASCISMO
UNIDADE ANTIFASCISTA
NENGUNHA AGRESIÓN SEN RESPOSTA

Ningún comentario:

Publicar un comentario