martes, 27 de novembro de 2007

Xornadas de inserción Laboral para inmigrantes

Prensa:
Unhas xornadas analisarán o xoves a inserción laboral dos inmigrantes.
O Concello do Grove, a través da Concellaría de Persoal, Formación e Emprego, que dirixe o concelleiro de Esquerda Unida Xan Lamelas, organizará este xoves unhas xornadas sobre o traballo dirixidas aos inmigrantes e entidades que actúan con este sector de poboación sobre “A inserción laboral de traballadores inmigrantes”.
Diario de Arousa / Redacción O Grove.

Así mesmo, o Concello presentará o novo servizo de asesoramento Socio-laboral.
A mesa redonda celebrarase este xoves ás 18:30, na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rei, e está aberta á participación de toda a cidadanía interesada.
Colabora nestes programas a Consellaría de Presidencia, por medio da Secretaría Xeral de Emigración.
Noticia íntegra do Diario de Arousa edición dixital. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario