Xuventude Comunista organizou unha concentración antifascista na Fonte do Galo
Na mesma, gardouse un minuto de silencio en memoria do mozo antifascista asasinado a mans dun neonazi e procedeuse a lectura dun comunicado.
COMUNICADO CONCENTRACIÓN ANTIFASCISTA
O pasado 11 de novembro de 2007 roubáronnolo. Ese día, os fascistas leváronse a vida dun compañeiro, de Carlos. Un rapaz vallecano de 16 anos non volveu á casa só por rexeitar o racismo e prantar cara ás agresións xenófobas que estes últimos días temos visto en diferentes medios de comunicación, entre elas, un come congoleño que quedou tetrapléxico en Alcalá de Henares, varias palizas máis a inmigrantes en varias zonas de Madrid, a agresión no metro de Barcelona…
A mañá do día 11 foi convocada unha manifestación de ultradereita e de claro corte xenófobo na zona obreira de Usera. O noso compañeiro, ao igual que o resto de antifascistas que se montaron nese metro, só necesitaba demostrar a eses fascistas que o lugar de nacemento dunha persoa non é motivo sufiiente para xulgala e que nos barrios obreiros as actitudes racistas non son benvidas.
Con este comunicado queremos denunciar que a día de hoxe, coa suposta democracia na que vivimos, hai manifestacións racistas permitidas e protexidas polas “autoridades, pero non só iso senón que os seus asistentes son suxeitos armados con puñais de caza, como o era o asasino de Carlos. Existe actualmente unha Lei de Partidos a todas luces inxusta, feita ex profeso para ilegalizar a un partido en concreto, senon permisiva con organizacións xenófobas, racistas e antidemocráticas.
Por desgraza, a morte de Carlos non foi todo. Na mesma agresión outro compañeiro antifascista foi apuñalado no pulmón e actualmente se atopa no hospital en estado grave, pero estábel. Por se isto non fora pouco, a Policía decidiu protexer aos racistas cargando con porrazos e pelotas de goma. Durante esa carga, outro antifascista máis foi atacado polos axentes da “Lei e do Orden” que procederon a detelo posteriormente, negándolle a asistencia médica ata que toda a manifestación fascista tivera podido pasar por diante del, ridiculizando as súas feridas e incluso tomando imaxes cos seus teléfonos móbiles. Esperamos tamen a súa pronta recuperación.
Os medios de comunicación insisten e insistirán en intentar facer ver que só foi unha pelexa entre bandas opostas. A realidade é ben distinta para @s que nos atrevemos a mirala de fronte. Estas agresión veñen a sumarse á lista de víctimas que o fascismo e o racismo ocasionaron en toda a Historia. A ferida entre as dúas españas está hoxe moi viva para moitos, a pesar de que a intenten disimular con algunha lei tibia e incompleta. Non foi un morto por pandillismo, Carlos foi asasinado por defender á clase traballadora, sen pararse a mirar o color da súa pel ou o seu país de procedencia.
Facemos un chamamento á unidade antifascista e contra a violencia. Debemos esgotar primeiro as vías diplomáticas e de diálogo ante a violencia. Estivemos chorando a morte de Carlos e a dor nunca a poderemos borrar da nosa memoria.
Por último, agradecer a tod@s @s presentes a vosa asistencia e solidariedade amosada con este simple aceno.
PECHEMOS AS PORTAS AO FASCISMO!
NENGUNHA AGRESIÓN SEN RESPOSTA!
A MELLOR HOMENAXE, CONTINUAR A LOITA!
NENGUNHA AGRESIÓN SEN RESPOSTA!
A MELLOR HOMENAXE, CONTINUAR A LOITA!
Ver fotografias de www.todogrove.com. Ler noticia no seu contexto orixinal
Ningún comentario:
Publicar un comentario