24 outubro 2008

Xornadas Lei da Memoria Histórica

A Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica do Grove infórmanos que por causas alleas á súa vontade, as xornadas de mañán, que se ían realizar no Cine Marino, cambian de ubicación, e pasarán a celebrarse na Casa de Cultura Manuel Lueiro. Manterase o horario previsto así como o programa das mesmas.

19 outubro 2008

Xornadas de debate sobre a Lei da Memoria Histórica

O vindeiro día 25 de outubro, celebrarase no Grove a Xornada Lei da Memoria Histórica, no Cine O Marino, organizada pola Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica do Grove.

14 outubro 2008

Contra as medidas “contra” a crise do goberno do PSOE

A Xuventude Comunista manifesta a súa oposición ás medidas económicas anunciadas polo goberno para facer fronte á crise global que o neoliberalismo trae como principal consecuencia e ten profunda dimensión en España.

03 outubro 2008

Esquerda Unida anima a participar nas mobilizacións do 7 de outubro

Desde a Agrupación Local de Esquerda Unida no Grove, queremos animar ao maior número de traballadores a participar da Xornada Mundial polo Traballo Decente que se celebrará o vindeiro martes día 7. No noso país, a convocatoria é na cidade de Vigo, e terá comezo ás 20 horas.

EU critica as declaracións de Feijoo respecto ao caso das “listas bascas”

Desde a agrupación local de Esquerda Unida no Grove queremos solicitar ao Partido Popular, quen foi recentemente sancionado cunha multa de 61.101,21 € pola inclusión de varios veciños do Grove en listas do PP do País Basco sen o seu consentimento, a realizar un exercicio de responsabilidade ante esta situa­ción, e depurar aos responsábeis desta probada ilegalidade.

Hipotecas subprime

As hipotecas subprime, parte importante das causas desta nova crise capitalista, explicadas con humor.

21 setembro 2008

Chamado á solidariedade con Cuba tras paso de furacáns

O portal Cubainformación ubicou, na súa cabeicera, unha lista de números de contas bancarias de diferentes países do mundo, para canalizar a solidariedade material ao pobo cubano, tralo paso dos devastadores furacáns Ike e Gustav. Esta lista actualizaráse diariamente. Para ver este listado, pincha aquí.

19 setembro 2008

Llamazares acusa á actual dirección do PP de “traizoar a todos os concellos, incluídos os que goberna, por impulsar no Senado un novo Consello de política financeira local”

O coordinador xeral e deputado de Esquerda Unida, Gaspar Llamazares, acusa ao Partido Popular de “traizón a todos os Concellos, tamén a aqueles gobernados polo PP”, por impulsar a aprobación, onte no Senado, da proposta de crear un novo Consello de Política Financeira Local, á marxe do Consello de Política Fiscal e Financeira, no que xa están representadas tamén as Comunidades Autónomas e a Administración Central.

10 setembro 2008

O Consello Local da Xuventude avanza no calendario anual de actividades

Prensa:

O Consello Local da Xuventude avanza no calendario anual de actividades

O concelleiro de Xuventude, Xan Lamelas, dou a coñecer aos membros do CLX, as diferentes actividades xuvenís previstas para o que resta de ano, ademais do borrador das bases para o concurso do logotipo para o consello sectorial. A xuntanza, á que so asistiron Enxebre e Xuventude Comunista, serviu tamén para ver algunhas das propostas dos colectivos de cara a confección do calendario anual de actividades, previsto para o 2009.

04 setembro 2008

Aprázase o Con Negro Paraxe Festival 2008

Desde a Asociación Cultural Con Negro infórmannos de que por mor das choivas previstas para esta fin de semana, na que se tiña pensado celebrar a IV edición deste festival grovense, as actuacións e actividades previstas para esta edición adíanse para a vindeira fin de semana, os días 12, 13 e 14 de setembro.
Polo tanto, xa sabedes, o IV Con Negro Paraxe Festival realizarase tal e como estaba previsto, pero os días 12, 13 e 14 nas inmediacións da praia de Con Negro.

29 agosto 2008

Meyer insta á UE a ratificar o convenio 188 da OIT para garantir unhas condicións de traballo dignas no sector pesqueiro

O eurodiputado de Esquerda Unida, Willy Meyer, propuxo hoxe a ratificación do Convenio sobre o traballo na pesca (Convenio188), elaborado pola Organización Internacional do Traballo en xuño do 2007.

26 agosto 2008

Os veciños da Estrada do Conde denuncian que a Deputación aínda non arranxou as deficiencias

Prensa:
Os veciños da Estrada do Conde denuncian que a Deputación aínda non arranxou as deficiencias
A Estrada do Conde é, sen dúbida, un dos viarios do Grove sobre os que máis tinta correu nos últimos anos. A obra, realizada pola Deputación Provincial, xerou tal cadea de despropósitos que seguen coleando moito tempo despois de que os traballos désense por finalizados oficialmente. Onte, os veciños afectados saíron á palestra. «Queremos denunciar á Deputación e ao seu presidente pola palabra incumprida», dicían estes veciños. En xuño do 2006, din, Rafael Louzán comprometeuse a cambiar á empresa para rematar a obra. Pero hai moitos danos e cuestións que quedaron pendentes. Os veciños explicaban onte algunhas desas carencias.

24 agosto 2008

O Con Negro Paraxe Festival 2008 contará cun amplo programa de actividades

Prensa:

O Con Negro Paraxe Festival 2008 contará cun amplo programa de actividades


A mañá do venres presentouse no salón de plenos do Concello do Grove o IV Con Negro Paraxe Festival. Para este ano a organización volta a apostar polo formato de tres días con música ao vivo e numerosas actividades complementarias.

20 agosto 2008

A Escola de Verán dá a coñecer o Acuario e o CIPES aos 130 nenos participantes

Prensa:
A Escola de Verán dá a coñecer o Acuario e o CIPES aos 130 nenos participantes
A Escola de Verán, na que participan uns 130 nenos grovenses, realiza hoxe unha nova excursión e actividade cultural ata Punta Moreiras, segundo indicaron onte desde as concellarías de Medio Ambiente e Xuventude, dirixidas pola socialista Noemí Outeda e o comunista Xan Lamelas, respectivamente.

13 agosto 2008

A outra balanza fiscal. Notas apresuradas á mantenta dun debate patético

Javier Navascués
Cal é a balanza fiscal dunha clase social? Segundo a EPA (Enquisa de Poboación Activa) temos, polo menos, tres grandes grupos sociais en función da “situación profesional”: asalariados, empregadores e autoempregados (empresarios sen empregados e cooperativistas). Cantos impostos paga cada un destes grupos ao Estado? Canto reciben do Estado a cambio? As estatísticas oficiais non están feitas para ver estas cousas, pero mergullando un pouco nos números e combinándoos con algunhas hipóteses razoables chéganse a conclusións interesantes. Vexamos.

05 agosto 2008

Izquierda Unida agradece a solidariedade e o apoio co alcalde de Seseña

Depositouse a fianza no xulgado e finaliza así a campaña de solidariedade da cal se irá informando do seu proceso e resultado final.

30 xullo 2008

Aprobadas as mocións en contra das 65 horas semanais e de modificación do regulamento do CLX

O Pleno do mes de xullo, celebrado o pasado día 28, aprobou por unanimidade as mocións defendidas polo concelleiro de Esquerda Unida Xan Lamelas, entre outros puntos da orde do día, sobre os que destaca a aprobación do anteproxecto de colectores da Estación Depuradora de Augas Residuais.

O Pleno aprobou o Anteproxecto de Sistema de Colectores e EDAR

Prensa:
O Pleno aprobou o Anteproxecto de Sistema de Colectores e EDAR
Na ultima sesión plenaria correspondente ao mes de xullo, celebrada este luns, aprobouse o Anteproxecto de Sistema de Colectores Xerais e nova Estación Depuradora de Augas Residuais en Laxe de Rons. Tamén se aprobou a posta a disposición dos terreos para o complexo deportivo de Monte da Vila, e para a instalación da antena Wi-max en Virxe das Mareas, entre outros asuntos, nun pleno de dúas horas de duración onde se aprobaron os dez puntos da Orde do Día.

24 xullo 2008

Nova agresión aos dereitos sociais e laborais: a Directiva de ordenación do tempo de traballo

Delegación de IU no Parlamento Europeo – Mundo Obrero
Os impulsores da Europa neoliberal deron un paso máis ao aprobar o pasado 10 de xuño unha revisión da Directiva de ordenación do tempo de traballo que pretende ampliar a xornada laboral até 60, 65, ou 78 horas. Esta medida é a última dunha serie de decisións e iniciativas que atacan o Estado Social e de Dereito desenvolvido en Europa. Nesta primeira década do século XXI Europa sofre xa a aplicación dunha política comunitaria de privatización de servizos e desmantelamento do sector público: transportes, servizos postais, portuarios, ferroviarios, etc.

23 xullo 2008

Campaña de apoio ao alcalde de Seseña

IU lanza unha campaña de solidaridade co alcalde de Seseña tras a querela de Francisco Hernando ‘el pocero’ pola que se esixe unha fianza de 133.333 euros. Esta é unha das seis accións xudiciais –tres delas xa arquivadas- emprendidas polo construtor contra o edil de IU, neste caso por un presunto delito de calumnias.

O Concello conta cun novo servizo de orientación laboral

O Concello do Grove, a través da Concellaría de Persoal, dirixida polo concelleiro de Esquerda Unida Xan Lamelas,  ben de contratar a unha asesora laboral coa finalidade de ofrecer un novo servizo aos veciños do Grove en materia de busca de emprego.

01 xullo 2008

Comeza a Escola de Verán para nenos de entre 3 e 12 anos

No día de hoxe, martes 1 de xullo, comezou a andar a Escola de Verán organizada polo Concello do Grove a través das Concellarías de Xuventude, que dirixe o comunista Xan Lamelas, e Educación, na cal participan máis de 120 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade.

29 xuño 2008

A Asemblea local ratifica a negocicación mantida para saír da crise de goberno

Na tarde-noite do día 28, tivo lugar unha asemblea informativa para militantes e simpatizantes de Esquerda Unida – Esquerda do Grove. Na mesma déronse contas da reunión mantida o martes 17 entre os catro grupos de Goberno, PSOE, BNG, PG e EU-EG. Os compañeiros Xan Lamelas e Xan Caneda, representantes de EU-EG nesta xunanza, fixeron saber aos asistentes á asemblea do acordos alí tomados para superar á crise aberta no seo do Goberno Municipal. A asemblea durou máis de tres horas, nas cales interviñeron a maior parte dos presentes para mostrar o seu apoio ao concelleiro Xan Lamelas e ao outro representante na xuntanza, Xan Caneda.
A asemblea dou por boa a negociación do pasado martes xa que foi aceptada a única proposta sobre a mesa, a do noso grupo, a cal xa foi publicada nos medios de comunicación nos pasados días.

26 xuño 2008

Os socios de goberno aceptan as peticións de EU para atallar a crise municipal

Nunha reunión realizada o martes 24 pola noite, os nosos socios de goberno (PSdG-PSOE, BNG e PG) aceptaron a nosa proposta para dar fin á crise de goberno que puxo en grave perigo a continuidade do cuadripartido.
Desde EU sempre nos amosamos fieis aos compromisos que adquirimos. Hai un ano, asinamos un pacto de goberno con uns contidos e unha filosofía coa finalidade de crear un goberno estábel para O Grove. Para nós o máis importante do acordo alcanzado, é que precisamente o goberno recupera ao pacto de goberno como elemento fundamental da nosa acción, tanto no seu contido como na súa filosofía ou espírito, e sobre todo, que o goberno, como debe ser, antepón os intereses dos veciños do Grove aos intereses partidistas.

21 xuño 2008

Resolución da asemblea da agrupación local

A asemblea de EU-EdG de O Grove reunida no día de onte, 20 de xuño, acorodou ratificarse no espírito e na filosofía do Pacto de Goberno asinado hai agora un ano, así como no contido do mesmo e nos seus obxectivos. Ante a grave crise aberta polo Alcalde, o cal, no día de onte (venres), non foi confirmado nen desmentido o cesamento do Concelleiro de Persoal Xan Lamelas publicado nos medios de comunicación, e pola gravidade da situación, pedímoslle aos nosos socios de goberno, co Alcalde á cabeza, ou ben unha ratificación do publicado, por escrito e mediante decreto da alcaldía, o que interpretaríamos como unha expulsión do goberno por incumprimento reiterado do Pacto, ou ben unha rectificación. Neste caso, esiximos que se convoque con carácter urxente unha reunión das catro forzas políticas que formamos goberno coa finalidade de retomar a filosofía e obxectivos do Pacto como solución a esta crise. En caso de non ser así consideramos a nosa non continuidade no goberno municipal.

19 xuño 2008

Resposta ao comunicado de Antón Mascato, concelleiro do BNG

Lamelas
Desde a Agrupación Local de Esquerda Unida, non podemos máis que expresar o noso abraio e repulsa ante a absoluta falta de responsabilidade política e lealdade ao goberno por parte do Bloque Nacionalista Galego, e en concreto do seu concelleiro Antón Mascato. Este grupo político debe aclararse: ou está no goberno, ou está na oposición. Unha cousa é certa: non se pode estar nas dúas partes.

18 xuño 2008

Só 197 dos 672 eurodeputados dixeron NON á Directiva dos 18 meses

Europa camiña polos sendeiros da sinrazón. Esta é a Europa que pretenden construir os voitres do neoliberalismo (Directiva das 65 horas; Tratado de Lisboa -grazas Irlanda pola túa cordura; liberalización e privatización de servizos públicos;etc.): a negación do dereito humano de libre circulación de persoas; a criminalización e encarceramento de maiores e menores;….ISTO É UN AUTÉNTICO DISPARATE XENÓFOBO E RACISTA!!! ATA 18 MESES PRIVADOS DE LIBERDADE EN VERDADEIROS CAMPOS DE CONCENTRACIÓN!!!

05 xuño 2008

Contra a ilegalización da KSM (Xuventude Comunista da Rep. Checa)

Fai dous anos o goberno checo decidiu ilegalizar a Unión de Xuventudes Comunistas (KSM) e todas as súas actividades. Agora queren ir máis aló, pondo á KSM fóra da lei.
Esta é unha medida antidemocrática que condena a unha organización xuvenil pola súa loita por un mundo xustos e pacífico, en oposición aos intereses dos poderes económicos e o militarismo do goberno checo, á beira da Unión Europea.

Aprovadas as propostas da Xuventude Comunista no Consello Local da Xuventude

Prensa:
Aprovadas as propostas da Xuventude Comunista no Consello Local da Xuventude
CLX

Na reunión mantida na tarde do sábado, os colectivos xuvenís decidiron, a instancias da Xuventude Comunista, traballar para que o 2009 conte con un calendario anual de actividades. Tamén aprobaron a creación dun boletín informativo, o concurso para crear un logotipo identificativo e a modificación dos estatutos do consello sectorial.