Foron doadas pola empresa Myagal, o pasado setembro, para repartir entre
a rapazada grovense.
O concello anunciou que farían o reparto a través das ANPAs, pero a día
de hoxe non se realizou esa entrega.
O Grove, 4 de
marzo de 2021.- O dezaseis de
setembro do pasado ano, o Concello do Grove anunciou que recibira, da empresa
de montaxes e alugamentos profesionais “Myagal” asentada en Sanxenxo”, a doazón
de 1.000 máscaras de protección infantís que ían ser distribuídas ás cativas e
cativos dos colexios grovenses a través das súas respectivas ANPAs.
A día de hoxe, case seis meses despois do anuncio do Concello (web e
redes sociais), as ANPAs non recibiron nada e as nenas e nenos dos colexios do
Grove seguen sen contar con ese elemento de protección que a empresa Myagal
decidiu doar.
Por este motivo, o Grupo Municipal de Esquerda Unida rexistrou este xoves unha pregunta a través da sede electrónica co propósito coñecer o paradoiro destas máscaras e, no suposto de que sigan nas dependencias municipais, esixir que se realice o reparto entre as ANPAs para que procedan a distribución entre a rapazada grovense, tal e como anunciaron.
NOTICIA CONCELLO WEB MUNICIPAL:
https://concellodogrove.es/index.php?lng=ga&cont=18&id=2516
NOTICIA
CONCELLO FACEBOOK
https://www.facebook.com/permalink.php?story_fbid=3602773909741327&id=192621247423294
Gabinete de Prensa
Esquerda Unida O Grove
Ningún comentario:
Publicar un comentario