Coma sempre as obras deste goberno con transparencia e cumprindo cos tempos previstos.
21 de setembro 2020: comezaban as obras do desdobre de Beiramar co anuncio de que estarían listas a finais de ano. Imaxinábamos que se referían ao mesmo 2020, pero igual era do 2021.
11 de xaneiro 2021: Pechaban ao tráfico a rúa durante 15 días para o seu asfaltado. 15 días que se converteron en 45 e sumando... Van ter razón os Arrombados e faltan as 500 noites.
13 de febreiro 2021: Anuncian que as obras acumulaban retraso debido ao mal tempo. Claro, como en Galicia non soe chover, pillounos de sorpresa. Non sei como farán en outros lugares. Aínda así, na mesma semana desta noticia, 4/5 días de sol e/ou bo tempo, pero as máquinas en Beiramar paradas, si paradas. Mentres tanto, levantando e asfaltando Luís Seoane e outras rúas.
25 de febreiro 2021: Novos 15 días para asfaltar. Seguen culpando ao mal tempo do retraso na execución da obra. Con estes 15 días comezarán tamén as 500 noites?
Ningún comentario:
Publicar un comentario