xoves, 2 de xuño de 2016

O Grove, concello oposto ao Acordo Transatlántico de Comercio e Investimento (TTIP)

O Concello do Grove xa figura entre os 20 municipios galegos* contrarios ao Acordo Transatlántico de Comercio e Investimento (TTIP). 


A moción presentada polo Grupo Municipal de Esquerda Unida foi aprobada no pleno do pasado luns cos votos favorables do PSOE, BNG e PGD. O Partido Popular ao igual que fai na maioría dos concellos do Estado, votou en contra.

Así, o pleno do concello do Grove dou o visto bó as propostas de acordos presentadas por Esquerda Unida: 

1. Declarar ao Concello do Grove como “Municipio oposto ao Acordo Transatlántico de Comercio e Investimento (en inglés TTIP)”, defendendo os servizos públicos básicos para a solidariedade e redistribución social.

2.  Solicitar do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas do Goberno de España:

   o seu apoio a todas as iniciativas dirixidas a manter o carácter público o seu apoio a todas as iniciativas dirixidas a manter o carácter público dos chamados servizos socialmente útiles.

    a derrogación inmediata con carácter retroactivo da Lei de Racionalización e Sustentabilidade da Administración Local para lexislar no seu lugar unha nova normativa enfocada ao desenvolvemento da economía local.

3.   Solicitar do Ministerio de Economía e Competitividade do Goberno de España a suspensión das negociacións do TTIP e outros acordos comerciais similares como o TISA (Acordo Multilateral para a Liberalización e Privatización de Servizos Públicos), e a non ratificación do CETA (Acordo de Libre Comercio entre Canadá e a UE).

4.   Solicitar igualmente do Ministerio de Economía e Competitividade do Goberno de España que:

    mecanismos como o ISDS, o ICS ou similares non sexan incluídos neste nin en ningún outro Tratado, e sexan eliminados dos tratados actualmente en vigor.

    se aplique o mesmo que no punto anterior para disposicións sobre servizos públicos e a propiedade intelectual, e que sexan excluídos do Tratado.

    se evite a participación directa ou indirecta das ETN, a través de calquera tipo de organismo ou lobby, nos procesos reguladores ou normativos da UE e os seus Estados Membros en relación con temas sociais, laborais, sanitarios, medioambientais ou de calquera outra materia. Os entes reguladores públicos poderán en todo caso establecer consultas non discriminatorias coas organizacións democráticas da sociedade civil.

   no caso de que as negociacións do TTIP frutifiquen nun texto consolidado, o proceso de ratificación, en coherencia coa legalidade europea e cos precedentes de anteriores tratados de carácter mixto, teña que pasar, ademais de polo Consello e o Parlamento Europeo, polos parlamentos dos 28 Estados Membros da UE e por referéndums vinculantes, xa que o contido do TTIP desborda as competencias exclusivas da Comisión Europea e debe ser, por tanto, considerado como un acordo mixto. A mesma esixencia é aplicable á ratificación do CETA e do TISA.

  o Tratado non se limite a obxectivos meramente económicos, que non se perdan competencias e que se lle dea a mesma importancia e consideración aos obxectivos sociais e aos ambientais.

   se termine a actual falta de transparencia das negociacións, se faga pública toda a información e se abra un debate público na UE e nos seus respectivos parlamentos nacionais.

5.    Dar traslado deste acordo ao Goberno de España, ao Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia e a todos os grupos parlamentares do Parlamento de Galicia, do Congreso dos Deputados e do Parlamento Europeo, para que se rexistre e quede constancia do mesmo.
 

* datos da web galega https://nonaottip.org a 1 de xuño de 2016 

ver/descargar moción completa

 Noticia relacionada: EU presenta unha moción para que O Grove sexa municipio oposto ao TTIP

Ningún comentario:

Publicar un comentario