Aberta
unha nova vía de negociacións de cara á aprobación dos orzamentos 2016,
incluíndose o remanente de tesourería, a agrupación local de Esquerda Unida
fixo chegar ao goberno municipal unha serie de actuacións para as cales agarda
un compromiso de execución.
Estado das rúas do barrio de Meloxo |
A
medida máis importante céntrase no barrio de Meloxo. Un barrio no que, segundo
os esquerdistas, as rúas que o percorren atópanse nun estado de deterioro, con
fochas, gretas e zonas sen asfalto. Por ese motivo, Juan Lamelas e Jose A.
Otero consideran necesaria e xustificada unha actuación integral na zona.
Lavadoiro de Meloxo pechado |
Unha
zona para a que tamén piden a reparación inmediata do seu lavadoiro que,
segundo indican, leva pechado aos veciños dende hai varios meses por problemas
co tellado –cuestión esta que xa expuxeron no pleno do mes de abril–. Ademais,
instan ao goberno a que se reparen todos os lavadoiros do concello e se poñan
en valor patrimonial, cultural e turístico.
Estado da fonte de Estonllo |
Neste
mesmo senso –o do valor patrimonial, cultural e turístico– céntranse os esquerdistas
para solicitar tamén o arranxo da fonte natural de Estonllo, así como as de
todo o concello. En canto ao de Estonllo, os edís indican que foron varios os
veciños que lles fixeron chegar as queixas do mal estado no que se atopa esa
fonte, pois non bota auga, o acceso é dificultoso e o seu entorno atópase en
total abandono. Por iso solicitan que se arranxe de maneira inmediata, dotándoo
de melloras na accesibilidade, dun cartel indicador e amañando o entorno.
Sobrante de estrada en Reboredo |
Outra
das petición realizadas, segundo os esquerdistas en concordancia cunha moción
aprobada en relación cunha senda peonil entre Campos e Reboredo, é a creación
de áreas de descanso nos sobrantes de estrada, dotándoas de árbores, bancos e
papeleiras.
Estado do mirador Conda Hedra |
O
arranxo do parque infantil da Siradella, esnaquizado e abandonado; do miradoiro
de Con da Hedra, nas mesmas circunstancias que o anterior; da explanada do
Corgo, que conta con numerosas baldosas levantadas e esnaquizadas e faltan
bancos; e da rúa que transita entre Balea e Balea marítima, foron outras das solicitudes
realizadas polo Grupo Municipal de Esquerda Unida, conscientes de que estas
últimas non son actuacións propias do Concello senón conxuntamente coas dúas
Comunidades de Montes, Portos de Galicia e Deputación de Pontevedra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario