O
Grupo Municipal de Esquerda Unida ven de rexistrar no concello unha moción na
que se solicita que as autocaravanas poidan estacionar e pasar a noite no noso
concello, así como a creación de areas de servizo para este tipo de usuarios.
A
agrupación local de Esquerda Unida consideran que O Grove ten que aproveitar
este tipo de turismo en auxe en toda Europa. Un turismo -o do autocaravanismo-
que provoca a extensión da tempada xa que viaxan todo o ano, dinamiza ás áreas
rurais, promociona áreas pouco coñecidas e difunde o patrimonio histórico,
gastronómico, paisaxístico e cultural das zonas que visitan, ademais de
potenciar o comercio local, en especial o da restauración e os supermercados.
Para
elo, o
primeiro é regular a súa situación no Concello do Grove, onde non hai
zonas expecíficas para que poidan estacionar e unha ordenanza local o prohibe así como a posibilidade de que pasen a noite na vila, a pesar de que a
instrución 08/V-74 de xaneiro de 2005 si o permite. Así mesmo, os usuarios do
autocaravanismo precisan atopar no seu destino as facilidades para desenrolar a
súa actividade que pasa por contar cunha área de servizo, onde poder
subministrarse de auga potable e realizar o baleirado de augas grises e negras.
![]() |
Ex. zona aparcamento en Ponte Caldelas |
![]() |
Ex. Area servizo en Ponte Caldelas |
Un servizo que, ademais de marcar o destino dos autocaravanistas, tamén garante
a xestión medioambiental segura e responsable dos residuos, evita o vertido
incontrolado de augas residuais, favorece a chegada dun colectivo en pleno auxe
en Europa, pon de manifesto o carácter amigable da localidade, pode converterse
nun punto de información turística e comercial en beneficio da zona, potencia o
comercio local e prolonga a tempada turística a todo o ano.
É
por iso, que os concelleiros do Grupo Municipal de Esquerda Unida someterán a
debate e aprobación, no pleno de abril, a proposta de modificar a Ordenanza de
Policía, Bo Goberno e Medidas para Fomentar e Garantir a Convivencia Cidadá no
Espazo Público para permitir o estacionamento das autocaravanas e que estas
poidan pasar a noite no concello así como habilitar un mínimo de dúas zonas
(unha en cada parroquia) reguladas nas que se lles permita facelo. Tamén que
estas zonas conten con Área de Servizo nas que se poidan abastecer de auga
potable e baleirar as augas residuais (negras e grises). Unha instalación que
non require un gran desembolso económico e repercute positivamente no Concello.
[descargar moción no seu contexto orixinal]
Prensa
EU aposta por habilitar zonas de estacionamento e servizo para autocarvanas [ver noticia web]
EU pedirá en pleno que se habiliten áreas de servicio y zonas para que pernocten las autocaravanas [ver noticia web]
EU propone derogar la ordenanza que prohibe estacionar y pernoctar a las autocaravanas [ver noticia web para subscriptores] [ver imaxe da noticia completa]
EU pide que se modifique la ordenza que prohibe a las autocarabanas pernoctar [sen noticia web] [ver imaxe da noticia completa]
Prensa


EU pedirá en pleno que se habiliten áreas de servicio y zonas para que pernocten las autocaravanas [ver noticia web]


Muy buena iniciativa,que tenian que adoptar en todas las Provincias y ayuntamientos Españoles,por nuestra parte y sabiendolo contribuiremos a cuidar las instalaciones en su mejor estado,asi como cooperaremos con los negocios y los autonomos de la Zona,un saludo desde León.
ResponderEliminar