martes, 10 de febreiro de 2009

Esquerda Unida reunirase coa Confraría de Pescadores San martiño do Grove

Candidatura
Mañá, mércores día 11, a partir das 18:30 horas, dirixentes e candidatos de Esquerda Unida reuniranse con representantes da Confraría de Pescadores San Martiño do Grove para recoller as demandas do sector mariñeiro e expoñer o programa desta formación en materia de pesca e medio ambiente.

Juan Fajardo, cabeza de lista de EU por Pontevedra, Xan Lamelas, concelleiro desta formación no Concello do Grove e candidato, e outros dirixentes e candidatos ao Parlamento de Galicia por Esquerda Unida acudirán a esta xuntanza. A formación de esquerdas quere reclamar un lugar no Parlamento Galego para dar voz aos traballadores e traballadoras que actualmente están orfos de representación nesta institución, onde PSdG e BNG defraudaron á clase traballadora.

Ningún comentario:

Publicar un comentario