Yolanda Díaz deseñou en Mos e no Grove as bases do modelo económico e produtivo de Esquerda Unida, alternativa real ao modelo depredador do capitalismo que nos levou até a crítica situación actual de abafo para a clase traballadora. O modelo de Esquerda Unida quere o control público e social da economia a partir da planificación democrática e a intervención de traballadores e traballadoras no excedente que se produza. Un modelo de emprego harmonizado coa sustentabilidade, coa capacidade de reposición dos recursos da terra.
Un modelo público, que recupere os sectores estratéxicos agora en mans privadas para devolver os servizos públicos á clase traballadora.
Yolanda Díaz criticou a nula capacidade do bipartito para solucionar os problemas laborais de Galicia: desemprego, temporalidade, sinistralidade e desbaldimento do diñeiro público. Así, a EPA de xaneiro deste ano 2009 recoñece un incremento do paro dun 33,65% no 2008. A lexislatura remata cun 31% de emprego precario, e vemos como en decembro 2008 se indicaba que só 5.131 dos contratos asinados sobre 50.420 contratos eran indefinidos, i.e., un ridículo 10,18%. Todo nun contexto de milleiros de millóns de euros entregados en bonificacións, deducións e exencións ao empresariado. Os acordos polo emprego e a competitividade só serviron para entregar recursos públicos o empresariado en troques dun catálogo de boas intencións.
A recausalización da contratación, a recualificación do INEM, a xornada de 35 horas, a mellora da inspección de traballo, a elaboración de plans participados socialmente de Política Industrial e Tecnolóxica, son algunhas das bases que desenvolverá o Plan Estratéxico de Emprego de calidade de Esquerda Unida.
Yolanda Díaz reivindicou a mellora salarial en todos os eidos e nichos laborais, e dixo que cómpre equiparar os salarios coa media europea e que, desde logo, hai que acadar xa a igualdade salarial entre mulleres e homes, para rachar coa desastrosa práctica empresarial de pagarlle menos á muller cá o home por idéntico traballo. Asi mesmo, reclamou un aumento salarial, ata converterse nun salario digno, para as persoas que exercen, dentro do programa da Lei de Promoción da Autonomía Persoal en Situacións de Dependencia, de coidadoras informais e que, por mor da feminización operada polas asministracións resultan ser basicamente as mulleres da familia.
En resumo, un modelo que recupera o carácter público e social da economía, que a democratiza, que a converte en instrumento da cidadanía para teren todos e todas a mesma igualdade de oportunidades. HAI ALTERNATIVA ao modelo capitalista e este é o de Esquerda Unida que construirá os piares do socialismo do século XXI en Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario