Os cabezas de lista de Esquerda Unida ofreceron un mitin no Grove
Yolanda Díaz criticou a nula capacidade do bipartito para solucionar os problemas laborais de Galicia. Esquerda Unida avoga por “un modelo económico e produtivo alternativo ao modelo depredador do capitalismo que nos levou á crítica situación actual”.
Texto: J. Otero | Fotos: M. Muñiz/L. Prieto
Esquerda Unida celebrou o seu mitin nas instalacións da Confraría de Pescadores. Xan Lamelas, candidato e concelleiro do Grove; Juan Fajardo, cabeza de lista por Pontevedra; e Yolanda Díaz, candidata a Presidencia da Xunta de Galicia, pediron os votos que lles dea un oco no Parlamento Galego para cambiar o modelo económico e produtivo así como para loitar polos intereses dos traballadores que foron levados “á crítica situación actual de abafo”.
Yolanda Díaz reivindicou a “mellora salarial en todos os eidos e nichos laborais”, e dixo que cómpre “equiparar os salarios coa media europea e que, desde logo, hai que acadar xa a igualdade salarial entre mulleres e homes, para rachar coa desastrosa práctica empresarial de pagarlle menos á muller cá o home por idéntico traballo”. Así mesmo, reclamou un aumento salarial, ata converterse nun salario digno, para as persoas que exercen, dentro do programa da Lei de Promoción da Autonomía Persoal en Situacións de Dependencia, de coidadoras informais e que, por mor da feminización operada polas administracións resultan ser basicamente as mulleres da familia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario