ROGOS E PREGUNTAS
📅
29 de setembro de 2025
▶
Intervención: minuto 1:19:50
Preguntas realizadas
🔻 Estación de carga de vehículos
eléctricos da rúa Castelao
Preguntamos cando comezaría a
funcionar esta estación de carga e cal sería o sistema de xestión do servizo.
🔻 Estación de carga nas inmediacións da
Confraría
Preguntamos cando se iniciaría a
instalación desta infraestrutura prevista.
🔻 Estación de carga da rúa Alexandre
Bóveda
Preguntamos cando finalizaría a
gratuidade do uso desta estación de carga.
🔻 Oficina municipal de Consumo
Preguntamos polo motivo do peche
da oficina “ata novo aviso”.
🔻 Mercado Municipal
Preguntamos cando se licitarían os
locais e postos vacantes do mercado.
🔻 Paso de peóns en Terra de Porto
Preguntamos cando se procedería ao
pintado deste paso de peóns reclamado pola veciñanza.
🔻 Cambio de sentido da rúa Conchases
Preguntamos cando se faría
efectivo o cambio de sentido neste tramo da rúa para facilitar a saída da
veciñanza cara Terra de Porto.
🔻 Auditorio municipal
Preguntamos polo estado da
reclamación da garantía de obra do ascensor e polas diferentes deficiencias do
edificio.
🔻 Gretas na rúa Alexandre Bóveda
Preguntamos polo estado da
reclamación da garantía da obra para reparar estas gretas.
🔻 Local do Club Remo Mecos
Preguntamos polo estado da
reclamación pola obra de adaptación do local.
🔻 Compra do terreo de Entrehortas
Preguntamos polo estado do proceso
de compra para ampliar o aparcadoiro.
🔻 Sentenza do TSX en Terra de Porto
Preguntamos polos motivos polos
que o goberno municipal non executara a sentenza que obrigaba a repoñer a
legalidade dunha obra.
🔻 Padrón municipal
Preguntamos polo motivo polo que
se retirara do padrón municipal a unha familia do Grove mediante Decreto de
Alcaldía.
Rogos e solicitudes
🔻 Camiño do alto de Pardiños
Solicitamos unha solución ante o
mal estado deste camiño e o risco que supón para vehículos e viandantes.
🔻 Paso de peóns na rúa Escalinatas
Solicitamos unha solución á
situación dos viandantes que deben circular pola estrada tras eliminarse o paso
de peóns diante da parada de bus.
🔻 Foro La Toja
Solicitamos que o Alcalde non asistise a este evento en consideración co apoio ao pobo palestino.
Ningún comentario:
Publicar un comentario