Foto: Facebook Concello do Grove |
A formación critica a incompetencia e a
fuxida cara adiante do goberno local; que agora aplica unha tarifa que tampouco
se axusta ao contido da ordenanza vixente
O Grove, 9 de maio de 2018.- O grupo municipal de
Esquerda Unida volve reclamar a paralización do cobro polo uso das pistas de
pádel do Monte da Vila e a devolución dos importes cobrados dende o 23 de abril
ata agora. A formación critica a actitude do goberno local; que ten optado,
nunha inexplicable fuxida cara adiante, por aplicar unha nova tarifa que
tampouco se axusta á realidade da ordenanza vixente.
No
último pleno, e despois de rexistrar unha solicitude en referencia a este
asunto, Esquerda Unida denunciou o cobro ilegal de tarifas inventadas polo uso
das pistas de pádel anexas ao pavillón de deportes do Monte da Vila. E é que,
como xa se explicou, os prezos aprobados polo pleno para estas novas instalacións
atópanse aínda en fase de exposición pública e non entrarán en vigor, cando
menos, ata o día 25 deste mes.
Lonxe
de recoñecer o seu erro, o goberno local ten optado por aplicar unha nova
tarifa de 15 euros igualmente inaxeitada. Feito do que o executivo de Cacabelos
ten tentado culpabilizar á formación esquerdista. “Quen decidiu aplicar esta
tarifa de quince euros por hora e media de uso foi o goberno; o mesmo que antes
optara por cobrar de forma fraudulenta antes da entrada en vigor da nova taxa”,
asevera EU. Que insiste en destacar que a súa aposta segue a ser pola
paralización do cobro e a devolución do recadado ata o de agora por este
concepto.
Esquerda
Unida lembra que o concelleiro de Deportes “dixo en varias ocasións que as
pistas ían ser de uso gratuíto mentres non entrase en vigor a necesaria
modificación da ordenanza municipal. Pero, en lugar de facelo así deciden
continuar co cobro; agora aplicando unha interpretación inexacta da Ordenanza
reguladora da taxa pola utilización e aproveitamento das instalacións
deportivas municipais”.
E
é que, tal e como explica EU, a normativa actual contempla o cobro de 10 euros
por hora de uso para pavillóns municipais. É dicir, para a instalación completa.
“O caso das pistas de pádel ten unha peculiaridade, e é que se cobra por pista,
non pola instalación completa. Polo que a ordenanza vixente non é aplicable”.
Incapaz
de recoñecer o seu erro, o goberno local aplica agora unha tarifa de 15 euros
por hora e media polo uso de tan só un tercio das novas instalacións”. Unha
interpretación totalmente improcedente da normativa vixente, que implica un
sobrecusto de 20 euros por hora. “É curioso que pretenda crucificarse a quen
denuncia
unha ilegalidade e non a quen a comete”, indican os esquerdistas, que volven reclamar a paralización de calquera
cobro ata a entrada en vigor da nova taxa. “Son un goberno sen palabra, sen
autocrítica e sen vergoña”, sentencia EU.
Área
de Comunicación
Esquerda
Unida O Grove
Ningún comentario:
Publicar un comentario