Os edís do Grupo Municipal de Esquerda Unida pediron explicación sobre diferentes asuntos municipais e realizaron unha serie de peticións de actuacións no transcurso do pleno deste mes de xaneiro.
Así, os esquerdistas quixeron coñecer de boca do goberno cal foi o motivo polo que foron rexeitadas as subvencións para a instalación dun ascensor na Casa do Concello e dun montacargas na Casa da Cultura e si se ía insistir para lograr a subvención ou se realizaría a obra por outras vías.
A subvención foi rexeitada por problemas técnicos, esa foi o único argumento utilizado pola concelleira de Obras, que non quixo dar explicacións máis pormenorizadas. Así mesmo asegurou que seguirán traballando para acadar estas obras.
Unha cuestión que preocupa aos veciños do barrio de Meloxo, e que Juan Lamelas e José Antonio Otero trasladaron a pleno, foi a obra de reforma do lavadoiro existente na zona e que leva máis dun ano pechado por deterioro. Unha pregunta que xa fora realizada polos edís de EU en marzo do ano pasado e que tivo repetición en outros plenos por parte doutros compañeiros de corporación así como en diferentes xuntanzas que o Grupo Municipal mantivo co Goberno. A día de hoxe seguen sen comezar as obras de reforma e polo visto, segundo indicacións tamén da Concelleira de Obras, están agardando polo permiso de Patrimonio.
Os esquerdistas tamén se preocuparon pola seguridade dos viandantes da rúa Luis Seoane, pois dende que se realizaron obras de asfaltado hai varios meses, seguen sen estar pintados os pasos de peóns a un lado e o outro da intersección coa Luís Casais. As disculpas ofrecidas pola concelleira delegada foi que a climatoloxía impideu o pintado dos mesmos, resposta que non convenceu a ningún dos presentes, pois este foi un dos invernos máis secos dos últimos anos.
Outra das zonas nas que os edís de Esquerda Unida se centraron foi a rúa da Bouzas onde solicitaron que, aproveitando os cambios de ciruculación realizados no Monte da Vila e arredores, se delimitara un carril de peóns para garantir a seguridade dos veciños e sobre todo dos numerosos estudantes que a diario se desprazan ao Instituto por esa rúa. Unha petición que foi realizada en reiteradas ocasións polo Grupo Municipal de EU.
A concelleira de obras indicou que están agardando por uns bolardos para realizar a delimitación correspondente.
O parque Canino da Toxa foi outro dos asuntos que os edís esquerdistas trasladaron á sesión plenaria pois tras solicitar, hai preto dun ano, que se instalaran indicadores e penais coas normas de uso, o goberno fixo caso omiso.
Dende a concellería recoñeceron o erro e aseguraron que os colocarían na maior brevidade posible.
Lamelas e Otero preguntaron tamén pola situación dun camiño que bordea o campo de golf dende a urbanización próxima á ponte da Toxa. Un camiño que era utilizado habitualmente por numerosos atletas e que que hai unhas semanas foi pechado ao transito. Os edís preguntaron si era de titularidade pública e que de ser así se esixira a apertura e se depuraran responsabilidades.
O Alcalde asegurou non saber quen pechara o mesmo e que trasladaría a petición a Costas, pois son eles os titulares do camiño.
Outra das solicitudes fixo referencia ás casetas de socorristas da praia da Lanzada, concretamente á máis próxima á zona do Sanatorio, pois se atopa nun lamentable estado de abandono. Os esquerdistas aseguran que o pasado verán este posto ocasionou algún que outro
susto por desprendementos da súa estrutura e que os socorristas non se atreven a
subir á zona alta de vixilancia por medo a sufrir danos. Por ese motivo solicitaron que se arranxase e se fixese unha revisión do resto para
solucionar os problemas que poidan ter co propósito de ofrecer seguridade aos
traballadores e usuarios.
Dende o goberno indicaron que traballarán na mellora destes postos.
Continuando coa batería de peticións, os esquerdistas trasladaron a queixa de varios usuarios da Casa da Cultura, pois aseguran lles é imposible realizar as tarefas con normalidade ante a deficiente conexión
a internet.
A concelleira de Cultura recoñeceu ter constancia das queixas e que están traballando na mellora da conexión.
Dirixida á concelleira de Cultura foi tamén a petición de seguridade na planta baixa da Casa do Concello, pois foron varios os artistas que expoñen nas salas deste edificio os que trasladaron a súa preocupación pola falta de vixianza cando exhiben as súas obras.
Dende a concellería aseguraron que son coñecedores da preocupación e que procurarán unha solución o máis axiña posible.
Por último, os concelleiros volveron solicitar que se lles trasladase a documentación relativa ao proceso de selección dos voluntarios da Festa do Marisco, pois hai máis de tres meses que rexistraron a petición e a día de hoxe non contan coa mesma.
[ver/descargar Rogos e Preguntas no seu contexto orixinal]
Prensa:
Un año de espera por el lavadero de Meloxo y los letreros para perros [ver noticia web]
[ver/descargar Rogos e Preguntas no seu contexto orixinal]
Prensa:
Un año de espera por el lavadero de Meloxo y los letreros para perros [ver noticia web]
Ningún comentario:
Publicar un comentario