No pleno do mes de xuño, a nosa agrupación formulou unha serie de rogos e
preguntas ao goberno local. Interesámonos polo estado do parque de Terra de
Porto, que estivo pechado ao público tralas denuncias por supostas descargas
eléctricas. Tamén nos preocupamos polo estado do pavillón tralo torneo de
dardo, no que se serviu alcohol sobre a pista. A polémica intersección da
Avenida Portugal e o Punto limpo tamén foron obxecto das nosas preguntas, así
como a situación da concellería de Cultura que dirixe Carlos Otero, ao cal lle
formulamos unha serie de cuestións relacionadas coas súas declaracións na
prensa. A maioría foron contestadas polo executivo local e incluso o
concelleiro de Cultura se dignou a responder, aínda que parece que se esqueceu
de moitas das preguntas realizadas.
ROGOS E
PREGUNTAS PLENO DE MAIO 2013
ROGO: Xa nun pleno
anterior solicitamos que o envío da documentación tanto dos plenos como das
comisións informativas se entregara xunto coa convocatoria dos mesmos, ou no
seu defecto se enviara por correo electrónico aos concelleiros para facilitar e
axilizar o noso traballo.
Rogamos se teña en consideración esta petición.
- Por fin nos darán solución a esta
petición. Xa que hai uns meses, cando formulamos o mesmo rogo, dérannos unha
resposta totalmente diferente.
PREGUNTA-ROGO: Varias empresas
e autónomos indícannos que dende hai un tempo lle esta prohibido levar o
plástico ao Punto Limpo, segundo lle comunicou o operario que atende as
instalacións. Isto supón que para desfacerse deste material teñen que percorrer
o concello para introducilo nos diferentes colectores.
Cal é o motivo polo cal non poden depositar o plástico no Punto Limpo?
Rogamos se busque unha solución para evitar este problema.
- Segundo nos indican, este servizo non é
para empresas, xa que estas teñen que xestionar os seus propios residuos. Pero
tamén nos dixeron que si algún empresario ou autónomo ten problemas, que se
acheguen polo concello que Fredi lles buscará unha solución. Será a cambio do
voto?
PREGUNTA-ROGO: Puidemos ler na
prensa que o parque de Terra de Porto foi precintado trala queixa de varios
usuarios por ocasionar descargas eléctricas.
Cal é o problema real con este parque.
Está o Concello traballando nunha solución para que o parque poida ser
aberto ao uso na maior brevidade posible?
Ollamos tamén como a pesar do precintado do parque, moitos veciños seguen
facendo uso do mesmo a pesar da prohibición.
Si a situación é tan alarmante rogamos que o Concello tome cartas no
asunto, ben precintado o mobiliario o dotándoo de vixilancia para evitar males
maiores.
- Sobre isto, Fredi foi o único que tomou
a palabra –o concelleiro de obras debía ter presa– para indicarnos que fixeron
o seu traballo poñendo as indicacións pertinentes sobre o perigo, que si poñen
un policía igual os acusan de querer recadar. Quedounos pendente saber cal é o
problema real do parque e si o concello está traballando nunha solución.
PREGUNTA: Tras dúas preguntas en pleno e logo de ver como se anunciou na prensa a actuación na polémica intersección da Avenida Portugal preguntámoslle ao concelleiro de Seguridade Cidadá,
Cando vai ser definitivamente o día que se lle dea solución á problemática desta intersección?
- Polo visto van agardar a que finalice o curso escolar, xa que aproveitarán o cambio da intersección para dotar a rúa Rosalía de Castro de sentido único de circulación e mudar os aparcamentos. Haber si é desta.
PREGUNTAS: Tralas ultimas
declaracións na prensa do concelleiro de Cultura nas que mostrou o seu cabreo
por non acadar os seus obxectivos, evidenciase que esta persoa forma parte do
goberno municipal co propósito de atender as súas demandas persoais por riba
das colectivas. E á vista está logo de ver como nos dous últimos anos reduciu a
actividade cultural ao mínimo e no que só a música, e que música, entra dentro
do seu programa. Logrou o descontento dos colectivos culturais, das comparsas e
agora, tamén e publico, dos seus compañeiros de goberno. Por iso dende Esquerda
Unida nos preguntamos,
- Cal é o problema que existe cos colectivos
culturais do noso concello?
- Existen discrepancias cos seus compañeiros de
goberno?
- E consciente o concelleiro de que a actividade
cultural no noso concello é practicamente nula?
- Por qué as actividades das Letras Galegas foron
organizadas pola concellería de Novas Tecnoloxías?
- Por qué organizou un concerto na casa da Terceira
Idade na mesma franxa horaria que as actividades do día das Letras
Galegas?
- Tras fracasar un dos seus proxectos persoais, a
Banda de Música municipal, que motiva ao concelleiro para seguir no seu
posto?
- É consciente de que os veciños reclaman outro
tipo de actividades culturais ademais das musicais?
- Pensou en deixar o seu posto no goberno?
- Desgraciadamente
non obtivemos as respostas que agardábamos. Carlos Otero limitouse a responder
ao que lle interesou sen meterse en fonduras e, posiblemente, sen buscar
polémica cos seus compañeiros de goberno.
Só nos
respondeu á terceira pregunta indicándonos que o presuposto non da para máis,
que considera que para os cartos que ten a concellería fai o que pode. Nos non
o creemos así.
En canto á
cuarta pregunta díxonos que "non lle corresponde a el esa resposta". A
quen lle corresponde logo? Quere dicir que lle roubaron a actividade?.
Por último, na
quinta pregunta indicounos que o concerto na Casa da Terceira Idade estaba
programado con moita antelación e que foi o cambio de datas das actividades do
día das letras galegas. Que nos víramos, os carteis saíron á rúa tres días
antes do evento.
PREGUNTA: Hai unhas
semanas o pavillón municipal dos deportes albergou o campionato galego de
dardos. Esta actividade tivo lugar na pista, sobre a que se instalaron as
diferentes máquinas de xogo, varias mesas e outro mobiliario sen ningún tipo de
protección. Ademais dentro do pavillón permitiuse a instalación dunha barra na
que se despachaba alcohol. Cónstanos que tanto o concelleiro como o Técnico de
Deportes comprobaron insitu todo o relatado anteriormente, polo que lle
preguntamos,
- Cales foron as condicións que se lle esixiron á
organización do evento para poder desenrolar a actividade?
- Por qué non se lle esixiu cubrir a pista para
evitar posibles danos na mesma?
- Por qué se lle permitiu a venda e consumo de alcohol sobre a pista do pavillón cando o Regulamento de Uso das Instalacións Deportivas municipais no seu ARTIGO 16. PROHIBICIÓNS, indica no apartado a) que “Está prohibido o consumo de calquera tipo de bebidas no terreo de xogo e nos vestiarios das IDM, agás as propias dos deportistas: bebidas isotónicas, auga …” e no apartado b) que “Está prohibido fumar, así como consumir bebidas alcohólicas, en calquera das IDM, incluso na cafetería, cantina ou bar”?
Non estamos en contra deste tipo de eventos, e imaxinamos que os
organizadores deixarían en perfectas condicións as inhalacións municipais tralo
remate da actividade, pero non concibimos que exista un regulamento municipal e
só se aplique cando interesa.
- Neste caso o
concelleiro de Deportes, Alfredo Bea, comentounos que os organizadores da
actividade "lles meteran un gol" xa que non agardaban que houbese
alcohol sobre a pista e que para o ano, si se volve solicitar tal actividade,
se tomarán medidas para evitar que volva suceder. http://www.todogrove.com/index.php?option=com_content&task=view&id=6973
Ningún comentario:
Publicar un comentario