mércores, 8 de maio de 2013

EU presenta unha moción contra a LOMCE


Descargar Moción
Esquerda Unida, a través do seu concelleiro na corporación municipal do Grove Juan Lamelas, presentará no pleno correspondente ao actual mes de maio unha moción en contra da Lei orgánica de mellora da calidade educativa (LOMCE).


Ante a marea azul arrolladora do PP que parece non deterse en nada, desde EU sumámonos á marea verde que en todo o estado está a plantar cara ás ansias privatizadoras e elitizadoras do ministro Wert, o ministro peor valorado desde o franquismo, e que ten como obxectivo máis inmediato o éxito da folga xeral educativa convocada para mañá día 9 que apoiamos sen fisuras.

A educación afecta a toda a cidadanía, e desde os concellos debemos sumarnos á defensa da mesma en interés dun futuro mellor para toda a sociedade. Fronte á mangueira aberta de financiación á banca, o goberno do PP recortou 5.212 millóns de euros en educación. Esta reforma significa o desmantelamento da educación pública e o seu deterioro progresivo. É unha reforma que xustifica os recortes, que se realizou de espaldas á comunidade educativa e á sociedade, que non conta con recursos degradando a calidade educativa e a equidade e ten un marcado carácter mercantilista que convirte o que é un dereito, a educación, nunha mera mercadoría en mans dos intereses do mercado.

Por estos motivos, desde Esquerda Unida pedimos que o Concello do Grove solicite a dimisión inmediata do ministro de educación, o aumento dos orzamentos educativos e que se abra un debate coa comunidade educativa, forzas políticas e sociais para un diagnóstico que axude a mellorar realmente a educación no noso país.
Asemblea Local de Esquerda Unida
O Grove, 8 de maio de 2013

Ningún comentario:

Publicar un comentario