Na mañá de onte, os
parlamentarios de AGE Ramón Vázquez e Xabier Ron visitaron as
instalacións do CEIP Rosalía de Castro d'O Grove. Nesta visita
mantiveron unha xuntanza coa ANPA e a dirección do centro,
acompañados por militantes de Anova Ogrobe e o concelleiro de
Esquerda Unida Juan Lamelas.
Tanto a asociación como a dirección do centro
trasladáronlle aos parlamentarios as deficiencias nas
infraestruturas do colexio, que conta con mais de corenta anos de
antigüedade, así como os incumprimentos por parte da Xunta de
Galicia respecto ás obras comprometidas no Rosalía de Castro coa
non realización da terceira fase das obras de reforma, así como a
inacción do goberno local dirixido polo “popular” Miguel A.
Pérez nesta materia. Posteriormente procedeuse a un paseo polo
centro para que os deputados puidesen observar por si mesmos as
informacións que lles foron trasladadas.
Os parlamentarios de AGE trasladarán ao Parlamento
Galego unha proposta para que a Consellería de Educación dote unha
partida orzamentaria para realizar as obras comprometidas da terceira
fase de rehabilitación do CEIP Rosalía de Castro d'O Grove que
inclúe as obras do impracticábel en días de choiva pavillón
escolar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario